«O xogo é un medio educativo de indubidable importancia a través do cal os nenos/as observan, exploran e chegan a coñecerse mellor a sí mesmos e ao mundo que lles rodea, pero sobre todo o xogo infantil proporciona a oportunidade de aprender e practicar as habilidades sociais que son tan importantes para o éxito dentro da escola e a sociedade. Debido a que os nenos/as con TEA a miúdo fracasan coas súas habilidades de xogo, é prioritario que os educadores que traballan con eles sexan conscientes destas necesidades e dominen diversos métodos para ensinarllas» (García, 2003)
O xogo posibilita melloras na:
- comunicación
- interacción social
- a resolución de problemas
- aprendizaxe de regras sociais
- o desenvolvemento da teoría da mente
Velaquí unha ferramenta útil para propor momentos de xogo de maneira visual: TEAyudo a jugar.
Xogos causa-efecto na PDI. Aula PT
Cetea Edicións ten 14 xogos interactivos para poder practicar situacións do día a día ou xogos entretidos como arrastrar e soltar ou quebracabezas.
TIPOS DE XOGO
Existen diversas formas de xogo infantil (García, Fernández e Fidalgo 2003):
- Simbólico: Uso de obxectos coma se fosen outros.
- Funcional: Uso de obxectos segundo a súa función.
- Sociodramático: Implica actividades de role-playing nas que os/as nenos/as desempeñan papeis relacionados cun tema.
Cornago (2010) engade algunhas formas máis:
- Interactivo: Xogos de compoñente motor que se realizan interactuando cun adulto.
- Recíproco: Xogar con outra persoa intercambiando un obxecto.
- Xogo de regras: Xogo ao que se xoga con outras persoas e no cal hai que seguir unhas regras.
Os xogos pódense desenvolver a distintos niveis, tendo en conta o número de nenos/as que participan no mesmo:
- Xogo illado: Non require doutra persoa.
- En parella: Cooperación con outra persoa.
- Grupal: Cooperación entre tres ou máis persoas.
- En equipo: Competición de dous ou máis grupos para lograr un obxectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario