Unha ferramenta para o tratamento das alteracións na zona orafacial son os exercicios que traballan a forza, o ton, a resistencia e a mobilidade muscular de forma activa, tamén coñecidos como praxias orofaciales.
Os exercicios de motricidade orofacial son aqueles que implican movemento voluntario dos órganos buco-fonadores. McCauley (2009) defíneos como “actividades non verbais que implican estimulación sensorial ou accións de beizos, mandíbula, lingua, padal brando,[…] que pretenden influír nas bases fisiolóxicas do mecanismo orofaríngeo para mellorar as súas funcións”.
Para continuar cremos que é fundamental entender o concepto de forza muscular e dentro desta, do ton muscular e a resistencia.
A forza é a “capacidade dun músculo de producir a tensión necesaria para iniciar o movemento, controlalo ou manter unha postura, ou tamén, a resistencia máxima que este pode exercer”. (H. Bascuñana, e. Renau, c. Abril, J.M. Puig e J. J. Aguilar).
O ton muscular é a contracción parcial, pasiva e continua dos músculos en estado de repouso. Por último, describiremos a resistencia muscular como a capacidade de levantar, empuxar ou tirar dun peso establecido por un período de tempo prolongado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario