O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

sábado, 3 de outubro de 2026

Beizo Leporino

Cando falamos de "disglosia" falamos dun trastorno da articulación por lesións físicas ou malformacións dos órganos articulatorios periféricos.

As causas poden ser diversas: malformacións conxénitas craneofaciales, os trastornos do crecemento, os traumatismos, as parálises periféricas, as anomalías adquiridas debido a lesións na estrutura orofacial ou de extirpacións cirúrxicas.

A intervención que realizaremos os/as mestres/as especialistas en Audición e Linguaxe (AL) co alumnado que presenta beizo leporino ten como finalidade: favorecer o desenvolvemento adecuado da fala, a comunicación e a linguaxe, minimizando as posibles dificultades articulatorias e funcionais derivadas desta malformación conxénita.

1. Valoración inicial

Antes de iniciar a intervención, é necesario realizar unha avaliación de:

  • Competencias comunicativas e lingüísticas.
  • Desenvolvemento fonolóxico e articulatorio.
  • Intelixibilidade da fala.
  • Respiración e coordinación fono-respiratoria.
  • Movilidad e funcionalidade dos órganos bucofonadores.
  • Posibles alteracións de resonancia (hipernasalidade).
  • Repercusión das dificultades no ámbito escolar e social.

Así mesmo, recollerase información da familia e dos profesionais sanitarios que interveñan no caso (cirurxián maxilofacial, odontólogo, logopeda clínico, etc.) recollida no informe psicopedagóxico.

2. Obxectivos de intervención

Obxectivo xeneral

  • Favorecer unha comunicación oral eficaz mediante a mellora da articulación, a respiración, a funcionalidade orofacial e a intelixibilidade da fala.

Obxectivos específicos

Área respiratoria

  • Adquirir un patrón respiratorio adecuado.
  • Mellorar o control da espiración durante a fala.
  • Coordinar respiración e emisión verbal.
  • Área praxias e motricidade orofacial
  • Incrementar a mobilidade e tonicidade labial.
  • Mellorar a coordinación de beizos, lingua e mandíbula.
  • Favorecer o peche labial funcional.

Área articulatoria

  • Corrixir erros articulatorios asociados ao beizo leporino.
  • Favorecer a correcta emisión de fonemas bilabiais (/p/, /b/, /m/).
  • Xeneralizar as producións correctas á linguaxe espontánea.

Área de resonancia e voz

  • Reducir posibles emisións nasais inadecuadas.
  • Mellorar a calidade vocal e a intelixibilidade.
  • Toma de conciencia do fluxo aéreo nasal.
  • Produción de sons aéreos de alta presión.
  • Actividades de contraste oral-nasal.

Área comunicativa e lingüística

  • Potenciar a expresión oral.
  • Favorecer a participación en situacións comunicativas escolares.
  • Mellorar a autoestima e a confianza comunicativa.

3. Contidos

Respiración e sopro

  • Respiración custo-diafragmática.
  • Control do sopro.
  • Intensidade e dirección do aire.

Motricidade orofacial

  • Exercicios de mobilidade labial.
  • Discriminación de posicións articulatorias.
  • Coordinación de órganos fonoarticulatorios.

Articulación

  • Produción illada de fonemas.
  • Produción en sílabas, palabras e frases.
  • Automatización e xeneralización.
  • Especial atención a fonemas de presión oral: /p//b//t//d//k//g//f//s//ch/

Discriminación auditiva

  • Identificación de sons correctos e incorrectos.
  • Diferenciación fonémica.
  • Autocorrección.

Linguaxe oral

  • Vocabulario.
  • Estruturación de oracións.
  • Narración e conversación.

4. Actividades

Exercicios de respiración e sopro

  • Inflar globos.
  • Soprar pompas de xabón.
  • Carreiras de bólas de algodón.
  • Apagar velas a distintas distancias.

Praxias bucofaciales

  • Sorriso amplo e sorriso pechado.
  • Bicos esaxerados.
  • Alternar sorriso-bico.
  • Manter obxectos lixeiros entre os beizos.
  • Movementos dirixidos de lingua e mandíbula.

Intervención articulatoria

  • Repetición de sílabas directas: pa-pe-pi-po-pu.
  • Denominación de imaxes con fonemas traballados.
  • Xogos de conciencia fonolóxica.
  • Lectura ou repetición de frases curtas.

Actividades comunicativas

  • Descrición de imaxes.
  • Xogos de rol.
  • Asembleas de aula.
  • Narración de experiencias privados.

5. Metodoloxía

A intervención será:

  • Individualizada e adaptada ás necesidades do alumno.
  • Funcional e contextualizada.
  • Motivadora e baseada no xogo.
  • Coordinada coa familia e o resto de profesionais.
  • Inclusiva, favorecendo a participación na aula ordinaria.

Utilizaranse materiais visuais, xogos lingüísticos, espellos, recursos dixitais e reforzo positivo continuo.

6. Temporalización

  • Sesións de 2 a 3 veces por semana.
  • Duración aproximada: 25 minutos por sesión.

7. Coordinación coa familia e o centro

Estableceranse actuacións conxuntas para:

  • Facilitar a xeneralización das aprendizaxes.
  • Proporcionar pautas de estimulación en casa.
  • Realizar o seguimento da evolución.
  • Coordinar actuacións con titores, orientador e persoal sanitario.
8. Orientacións para o profesorado
  • Favorecer un clima de aceptación e respecto.
  • Non corrixir constantemente diante do grupo.
  • Reforzar os intentos comunicativos.
  • Facilitar quendas de palabra.
  • Coordinarse periodicamente co/a especialista en Audición e Linguaxe.

9. Criterios de avaliación

  • Mellora do peche labial e a mobilidade orofacial.
  • Aumento da precisión articulatoria.
  • Diminución de erros fonéticos e fonolóxicos.
  • Maior intelixibilidade da fala.
  • Participación activa en situacións comunicativas.
  • Xeneralización das aprendizaxes ao contexto escolar e familiar.
10. Conclusión

A intervención do/a Mestre de Audición e Linguaxe co alumnado que teña unha disglosia por beizo leporino debe centrarse na mellora das funcións orofaciais, a articulación e a comunicación oral, desenvolvéndose de forma coordinada coa familia e outros profesionais, e así, garantir unha resposta educativa integral e favorecer a plena inclusión do alumnado no entorno escolar e que poida acadar os obxectivos referidos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario