Habilidades de conciencia fonémica a traballar:
1. Discriminación auditiva
2. Identificación do fonema
3. Segmentación fonémica
4. Síntese fonémica (unir sons para formar palabras)
5. Substitución de fonemas
6. Clasificación de palabras
Indicadores de avaliación
- Discrimina auditivamente /s/ e /z/.
- Identifica ambos os fonemas en distintas posicións dentro da palabra.
- Segmenta palabras que conteñen /s/ e /z/.
- Produce correctamente ambos os sons en palabra illada e en fala espontánea.
- Reduce as substitucións entre ambos os fonemas durante a lectura e a escritura.
Importante:
Antes de intervir, convén valorar se a produción do alumno ou da alumna corresponde a unha variante dialectal normal ou a unha verdadeira dificultade fonolóxica ou articulatoria. En conciencia fonémica, o obxectivo será que o alumnado discrimine e manexe os sons segundo o modelo lingüístico do seu contexto educativo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario