Esta actividade consiste en determinar se cada oración é verdadeira ou falsa con respecto ao debuxo. Para iso deberán procesar correctamente a estrutura sintáctica da oración e fixarse ben na imaxe. Unha vez saiban se é verdadeiro ou falso colorean o círculo de verde ou vermello.
As tiras de verdade ou mentira son un material recorrente para traballar a comprensión lectora.
Nesta ocasión, introducimos un elemento novo: os pictogramas. Estes debuxos poden axudar ao neno e á nena para comprender mellor a frase, a través da asociación imaxe-texto. As afirmacións que atopamos no exercicio trátanse de enunciados de lóxica adecuados a un nivel sinxelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario