O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 29 de setembro de 2020

Memoria - Campos Semánticos

Preséntovos unha lámina para estimular a MEMORIA a curto prazo que contén 12 estímulos visuais pertencentes a tres categorías  semánticas diferentes: froitas, obxectos relacionados coa hixiene e pezas de vestir.

Nesta actividade, o/a alumno/a memorizará  visualmente todos os elementos posibles nun tempo estimado. Loxicamente, este tempo debe variar en función do seu nivel. Unha vez transcorrese este tempo,  verbalizará todos os elementos que lembre seguindo a orde que lle pidamos, en base aos tres campos  semánticos.

É un recurso moi completo porque ademais de estimular a memoria, estamos a realizar unha actividade de VELOCIDADE DE PROCESAMENTO ao introducir un tempo máximo e, doutra banda, estimulamos a LINGUAXE E A CATEGORIZACIÓN.

Preme aquí



Ningún comentario:

Publicar un comentario