O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
sábado, 25 de abril de 2020
Chega o día 26!!
Bo día rapaces e rapazas!!
Nunhas horas poderedes saír cada día a pesear unha horiña con varios membros das vosas familias. Despois de cuarenta e dous días de confinamento coido que o tedes ben merecido. Noraboa polo voso increíble comportamento e por darnos unha lección de solidaridade impresionante.
Pero ollo, saímos á rúa, pero con moito xeito. Como nos indican as autoridades sanitarias, debemos seguir sendo moi, pero que moi responsables.
Adxúntovos unha serie de contos onde nos lembran o importate de facelo todo moi ben nestas saídas e así, semana a semana, poder ir recuperando a normalidade.
Disfrutade!!
O Oso Goloso
Saír á rúa con Coronavirus
Nunhas horas poderedes saír cada día a pesear unha horiña con varios membros das vosas familias. Despois de cuarenta e dous días de confinamento coido que o tedes ben merecido. Noraboa polo voso increíble comportamento e por darnos unha lección de solidaridade impresionante.
Pero ollo, saímos á rúa, pero con moito xeito. Como nos indican as autoridades sanitarias, debemos seguir sendo moi, pero que moi responsables.
Adxúntovos unha serie de contos onde nos lembran o importate de facelo todo moi ben nestas saídas e así, semana a semana, poder ir recuperando a normalidade.
Disfrutade!!
O Oso Goloso
xoves, 23 de abril de 2020
Día do Libro: Todos os días do ano
Hoxe día 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Nas nosas casas temos, seguramente, moitos libros, pero nestes intres de confinamento, non imos á escola, non están abertas as bibliotecas... pero temos a oportunidade de ter na nosa tablet, no móbil dos meus pais ou nais, irmáns.... a posibilidade de leer contos moi chulos e variados.
Só tedes que descargar algúns como estes que vos poño, a modo de exemplo, a continuación.
Só tedes que descargar algúns como estes que vos poño, a modo de exemplo, a continuación.
Disfrutade ca lectura!!!
Descarga contos infantís (máis de 100)
Descarga contos infantís (máis de 100)
Tamén tedes na rede diferentes apps para descargar contos con temas moi variados e divertidos, como por exemplo:
martes, 21 de abril de 2020
Articulación
Nos centros escolares atopámonos con alumnos e alumnas con alteracións na fala: articulatorias (TSH*, disglosias, disartrias); da voz (disfonías) e da fluidez (disfemias). Neste apartado quixera facer mención ás dificultades articulatorias, concretamente ás dislalias.
A intervención que facemos para correxir estas alteracións articulatorias xiran en dous ámbitos: unha intervención directa co alumnado e unha intervención cas familias, a través desa coordinación e colaboración necesaria no proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
A intervención directa será realizada por aqueles profesionais cunha preparación axeitada para tal fin.
Indicarei a continuación unha serie de recomendacións ás familias para o día a día nos fogares. Será a mellor colaboración que poderán aportar nesta situación de estancia nos domicilios:
- Aceptar as dificultades articulatorias como algo transitorio.
- Non permitir unha linguaxe “bebe”infantilizada, nin estimular este xeito de expresarse ( "petete" por "chupete").
- Crear situacións comunicativas que propicien o desenvolvemento comunicativo do/a neno/a (leer contos, contar historias...)
- Clima afectivo no que se establezan múltiples interaccións comunicativas no fogar.
- Estimular os/as nenos/as cara á comunicación oral, evitar que se comuniquen por xestos, sons non axeitados...
- Propiciar xogos que estimulan a fala.
- Reforzar os éxitos.
- Evitar corrixir ó neno ou á nena, pero sí enriquecer as producións completando os enunciados e nomeando as palabras axeitadamente.
- Ter paciencia. Non alterarse.
- Nunca angustiar ó neno ou á nena, nin imitalo/a nas súas producións , nin permitir burlas.
- ...
*Actualmente, o Trastorno dos Sons da Fala (TSH)
é a alteración máis frecuente coa que nos podemos atopar nas nosas
aulas. Anteriormente, a este trastorno coñecíaselle como “Dislalia,
Trastorno da articulación ou trastorno fonolóxico”. Podemos diferenciar
segundo os síntomas do TSH alteracións fonéticas, fonolóxicas ou ambas.
luns, 20 de abril de 2020
TDAH
O trastorno por déficit de atención e
hiperactividade (TDAH) responde a un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e
impulsividade que comeza na idade
infantil. Estes patróns constitúen a sintomatoloxía nuclear do trastorno e dan lugar a distintos subtipos de
TDAH: hiperactivo-impulsivo, inatento e combinado, que son manifestacións do TDAH en distintas etapas evolutivas.
Este último adoita ser o máis
frecuente.
O TDAH maniféstase nos distintos
ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes (familia, escola,
relacións interpersoais, actividades de lecer), en forma de dificultades para agardar,
para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para
planificar e solucionar problemas, etc.
A
idade na que estas manifestacións comezan a ser evidentes varía duns casos a
outros.
Nalgúns, as características son
notorias dende os primeiros anos de vida, mentres que noutros non afloran, de
maneira ostensible, ata a idade escolar. Así mesmo, nalgúns casos, e coa
chegada da adolescencia, apréciase unha diminución e un alivio dos problemas,
aínda que noutros o TDAH persiste mesmo na idade adulta.
É normal que as manifestacións
condutuais (síntomas) do trastorno varíen dunha persoa a outra e tamén o é que
a presentación dos síntomas poida variar nunha mesma persoa ao longo do seu
crecemento. Na actualidade, considérase que o trastorno pode amosarse en tres
modalidades diferentes:
- ·
Presentación combinada. é a máis habitual, e nela, tanto
os
síntomas de inatención como os de
impulsividade-hiperactividade danse nun grao
excesivo para o nivel evolutivo da persoa.
- ·
Presentación predominantemente impulsivo-hiperactiva. nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou
hiperactividade, mentres que os síntomas de
inatención teñen unha menor presenza. Esta
presentación é máis frecuente nas nenas e nos
nenos de menor idade.
- ·
Presentación predominantemente inatenta. nesta presentación existe
unha maior presenza dos síntomas de inatención.
Nalgúns casos apréciase que a
presentación predominantemente inatenta se dá sen a
presenza notoria de impulsividade e hiperactividade e acompañada do que se
denominou e “tempo cognitivo lento”, que é o funcionamento
caracterizado pola lentitude, pola tendencia a
estar nas nubes ou a soñar esperto.
Hai certo consenso en que as causas
do TDAH poden ser de orixe neurobiolóxica, e que afectan, de maneira
especial, aínda que non só, a rexións frontais do cerebro.
Segundo os expertos, esta problemática está relacionada cunha alteración no neurodesenvolvemento a partir dunha determinada
predisposición xenética.
Recursos para traballar con este alumnado:
Morfosintaxe
Os fonemas combínanse para producir unidades dun nivel superior que teñen significado (palabra).
O estudo da estrutura da palabra denomínase “morfoloxía” e o da estrutura da oración “sintaxe”.
A función primordial da sintaxe é combinar as pezas léxicas (vocabulario) dunha lingua para formar oracións.
A oración é unha construción que, na expresión dada, non forma parte do outra estrutura maior.
Adóitase admitir que unha oración é a que está composta por dous constituíntes inmediatos: suxeito e predicado.
Ás veces a orde da colocación das palabras dentro da oración determina cambios de significado, outras se trata dun maior ou menor uso.
As palabras únense formando oracións seguindo unha certa orde e determinadas unhas por outras.
As palabras poden descompoñerse ou non en elementos chamados morfemas. . O morfema é a unidade mínima de función e significado. Os morfemas poden ser de dous tipos: lexicales e gramaticais.
Os morfemas gramaticais únense á raíz para conformar variacións de xénero, número, persoa, tempo verbal, etc. Dentro da oración.
Así mesmo existen palabras chamadas “gramaticais”, sen compoñente léxico, son os pronomes, determinantes, etc.
O compoñente sintáctico comeza a estar presente na linguaxe infantil na etapa de dúas palabras. .....
Arasaac
Para imprimir
Mestres de Audición e Linguaxe
Estruturacións simples
Sembra Estrelas
Iniciación á lectura
Para poder ler é necesario transformar un código de signos gráficos, os grafemas, noutro de sons, os fonemas, que é o que se coñece como decodificación das palabras escritas.
As dificultades neste proceso inicial de aprendizaxe lectoescritor poden ser consideradas como típicas do mesmo. Con todo, se despois dos dous primeiros anos de educación primaria séguese observando falta de precisión na lectura de palabras, lentitude ou escasa fluidez da lectura e/ou dificultades de comprensión, poderíase dicir que existe un “trastorno específico da aprendizaxe”, con dificultades na lectura.
A continuación presento unha serie de recursos online para potenciar a adquisición da lectura:
Leo o que vexo
Recursos Loreto (Esta páxina ofrécenos gran variedade de actividades por niveis en relación á comprensión e expresión escrita)
Sembra Estrelas
Educaplatet
Bocadillos comprensión lectora
Ordear letras para formar palabras
Xogo de comprensión de frases curtas
Para descargar nunha tablet ou dispositivo móbil:
Recursos Loreto (Esta páxina ofrécenos gran variedade de actividades por niveis en relación á comprensión e expresión escrita)
Sembra Estrelas
Educaplatet
Bocadillos comprensión lectora
Ordear letras para formar palabras
Xogo de comprensión de frases curtas
Para descargar nunha tablet ou dispositivo móbil:
Alumnado T.E.A
Que se entende por trastorno do espectro do autismo?
Por tanto o TEA é un concepto paraugas, no que se inclúen trastornos do neurodesenvolvemento tales como:
• Síndrome autista
• Síndrome de Asperxer
• Trastorno desintegrativo infantil
• Trastorno xeneralizado do desenvolvemento non especificado ( TGDNE).
Aparece recollido no apartado dos trastornos neurolóxicos segundo o DSM-V. .
O alumnado con deficiencias notables da comunicación social, pero cuxos síntomas non cumpren os criterios de trastorno do espectro do autismo, deben ser avaliados para diagnosticar o trastorno da comunicación social (pragmática).Por tanto o TEA é un concepto paraugas, no que se inclúen trastornos do neurodesenvolvemento tales como:
• Síndrome autista
• Síndrome de Asperxer
• Trastorno desintegrativo infantil
• Trastorno xeneralizado do desenvolvemento non especificado ( TGDNE).
Recursos para a atención educativa do alumnado con trastorno de espectro do autismo:
Xoga e aprende con Fantasmín
Burbulla da linguaxe
Centro Aragonés para la Comunicación Aumentativa y Alternativa
Burbulla da linguaxe
Centro Aragonés para la Comunicación Aumentativa y Alternativa
Dislexia e Dificultades Específicas da Aprendizaxe (DEA)
A dislexia segundo o DSM-5 “é un termo alternativo ao de dificultades lectoras, que se refire a un patrón de dificultades da aprendizaxe que se caracteriza por problemas co recoñecemento de palabras en forma precisa ou fluída, deletrear mal e pouca capacidade ortográfica. Tamén é importante especificar calquera dificultade adicional presente como dificultades de comprensión da lectura ou do razoamento matemático”
O alumnado con dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe ( DEA) forman parte do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo segundo a LOE-LOMCE.
O primeiro paso será delimitar que se entende por DEA. A definición consensuada e máis completa sique sendo a establecida en 1988 polo National Joint Committee Learning Disabilities ( NJCLD). De acordo coa mesma: “Dificultade da aprendizaxe é un termo xenérico que se refire a un grupo heteroxéneo de alteracións que se manifestan por dificultades significativas na adquisición e uso da comprensión oral, expresión oral, lectura, escritura, razoamento ou habilidades matemáticas. Estas alteracións son intrínsecas á persoa, presumiblemente debidas a unha disfunción do SNC e poden ocorrer ao longo de todo o ciclo vital ( life span). Poden acompañarse de condutas de autorregulación, percepción social e interacción social, pero non constitúen por si mesmas unha dificultade da aprendizaxe.”
O DSM-5 inclúe as DEA nos trastornos do neurodesenvolvemento; concretamente no denominado trastorno específico da aprendizaxe, o cal se manifesta durante os anos escolares, caracterizándose prol dificultades persistentes, que impiden a aprendizaxe das aptitudes académicas básicas da lectura, escritura e matemáticas. O rendemento está por baixo da media da súa idade, ou ben conseguen alcanzar niveis aceptables de rendemento tras un gran esforzo, a pesar de que a súa intelixencia é adecuada ou “dotada” e, tampouco presentan outros trastornos sensoriais non corrixidos, mentais ou neurolóxicos…
Para coñecer máis en profuncidade as dificultades específicas da aprendizaxe, remítovos ao Protocolo para la intervención psicoeducativa de la dislexia y/u otras dificultades específicas del aprendizaje.
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/30105
A continuación presento un banco de recurso online onde se poden atopar diferentes actividades relacionadas cas dificultades da lectura e da escritura:
Comprensión Lectora
Recursos Loreto (Nesta páxina temos centos de actividades relacionadas ca comprensión e expresión escrita para todos os niveis de educación primaria)
Recursos Loreto (Nesta páxina temos centos de actividades relacionadas ca comprensión e expresión escrita para todos os niveis de educación primaria)
Curto para fomentar á lectura
domingo, 19 de abril de 2020
Presentación
Son Funcionario de Carreira do Corpo de Mestres cas especialidades en Educación Primaria, Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
Neste momento desenvolvo e meu traballo como mestre especialista de audición e linguaxe en dous centros da provincia de Lugo: O CEIP Veleiro Docampo e o CEIP Ramón Falcón.
Dadas as circunstancias actuais, derivadas deste momento especialmente particular debido ó Covid 19, a través deste blog, intentaremos chegar ás comunidades educativas destes centros, para incidir na coordinación e colaboración necesaria para o desenvolvemento das diferentes intervencións establecidas nos distintos documentos de centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












