O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 8 de xaneiro de 2025

Identificamos sons

Comezamos o ano con esta actividade que creei para identificar sons.

Que é identificar sons? É a habilidade de recoñecer e usar os sons na linguaxe falada. A conciencia fonológica inclúe á conciencia fonémica, que é a capacidade de identificar os sons que se combinan para formar palabras. 

 

martes, 17 de decembro de 2024

Recopilatorio de actividades relacionadas co Nadal

Bóla de cristal  É un xogo en liña de atención, que consiste en memorizar en dez segundos os obxectos de Nadal que hai na Bóla de Cristal. (Fonte: cokitos.com)

Dez diferencias en árbore de Nadal No xogo aparecen dous debuxos de árbores de nadal, que parecen iguais pero teñen algunhas diferenzas. Desde a cor das bólas que decoran a árbore de Nadal, ata os flocos de neve que aparecen nel. (Fonte: cokitos.com)

Pasapalabra de Nadal Responde as preguntas, escribe cos acentos e con ortografía correcta para que a resposta sexa válida, e completa o rosco de pasapalabra de Nadal. (Fonte: cokitos.com)

Colorea! Nadal  Colorear é un dos mellores aliados para desenvolver a coordinación motora fina e a coordinación óculo-manual n@s nen@s. (Fonte: arbolabc.com)

Sopa de letras: Nadal  As sopas de letras son importantes para @s nen@s porque fomentan o desenvolvemento do vocabulario, melloran a ortografía, estimulan as habilidades cognitivas, desenvolven habilidades de lectura e proporcionan entretemento educativo. (Fonte: arbolabc.com)

Memoria de Nadal  Os xogos de memoria desenvolven habilidades cognitivas como a concentración, a atención e o pensamento lóxico.  (Fonte: arbolabc.com)

Lectoescritura

A aprendizaxe e desenvolvemento de actividades de escritura e lectura é un dos máis importantes na vida das persoas, con moitos matices e múltiples beneficios. É a base de aprendizaxes posteriores e é ademais motor de desenvolvemento do pensamento,  da linguaxe, e da intelixencia. Dominar estes procesos é garantía de éxito nos estudos e na vida. Por iso é tan recomendable desenvolver actividades para estimular lectoescritura en preescolar, infantil e primaria.

Nestas actividades que elaborei imos combinar fonemas para formar palabras e xuntar os sons a partir de imaxes,  sons e grafemas.

martes, 10 de decembro de 2024

Actividades de Nadal

Desde a páxina de Orientación Andújar atopamos múltiples actividades e recursos educativos gratuítos e accesibles para aplicar na aula.

Déixovos unha serie de ligazóns relacionadas coa temática do Nadal.


Outras ligazóns con actividades:











xoves, 28 de novembro de 2024

Wordwall

Hoxe quixera recomendar @s docentes que traballan con medios dixitais a ferramenta Wordwall.

Wordwall é un portal educativo con xogos en liña que estimula a aprendizaxe do noso alumnado mentres se divirten. Hai multitude de versións de xogos; desde os clásicos crucigramas, cuestionarios ou sopas de letras, ata outros como xogos de azar ou coincidencias. Actividades que podemos adaptar a distintas idades, ritmos e estilos de aprendizaxe.

Como podedes observar neste blog, levo meses utilizándoo e desde hai semanas estou a elaborar as miñas propias actividades adaptadas ás necesidades do meu alumnado. Algunhas delas enlázoas neste blog, pero no propio portal de Wordwall teño diferentes cartafoles, segundo necesidades, con decenas de actividades. 

Atoparédesme na comunidade Wordwall co perfil de  joseacruzado.

Anímovos a que o probedes  e os alumnos e alumnas estarán encantodos/as aprendendo e xogando. 😊😊

martes, 19 de novembro de 2024

Sílabas trabadas

Estiven a elaborar algunha actividade máis para o traballo das sílabas trabadas mediante a linguaxe dirixida. 

Lembrade que son aquelas nas que se atopan dúas consonantes seguidas e unha vocal. 

As sílabas trabadas adoitan ser difíciles de pronunciar. Conseguir a súa pronuncia pode ter certa dificultade.

Nas sílabas trabadas existen trece combinacións posibles: bl,br,cl,cr,dr,fl,fr,gl,gr,pl,pr,tr,tl. Normalmente  cústanos menos os sinfóns con “l”, xa que entrañan menos dificultade que os que conteñen a “r”.

Como o seu nome indica, normalmente, son sílabas difíciles de aprender para os alumnos e alumnas, xa que dan lugar a “ trabarse “ ao falar.


mércores, 13 de novembro de 2024

Estimulación da linguaxe oral

A etapa infantil é a máis idónea para estimular a linguaxe oral; para iso débese crear un ambiente acolledor e desenvolver actividades lúdicas que favorezan a participación e expresión oral dos nenos e das nenas.

 


 Ligazóns de interés:

Unir

Educastur

LiveKid

Dificultades específicas da aprendizaxe (DEA)

Dificultades específicas da aprendizaxe: Entre o alumnado que require atención educativa diferente á ordinaria para que poida alcanzar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, atopamos aquel que presenta dificultades específicas de aprendizaxe (DEA).

Neste enlace do portal educativo da Comunidade Autónoma de Madrid atopamos diferente recursos, guías e información detallada para a intervención educativa con este alumnado.

Outra ligazón interesante é o do Equipo de Orientación Educativa e Psicopedagóxica de Molina de Segura