Estiven a elaborar algunha actividade máis para o traballo das sílabas trabadas mediante a linguaxe dirixida.
Lembrade que son aquelas nas que se atopan dúas consonantes seguidas e unha vocal.
As sílabas trabadas adoitan ser difíciles de pronunciar. Conseguir a súa pronuncia pode ter certa dificultade.
Nas sílabas trabadas existen trece combinacións posibles: bl,br,cl,cr,dr,fl,fr,gl,gr,pl,pr,tr,tl. Normalmente cústanos menos os sinfóns con “l”, xa que entrañan menos dificultade que os que conteñen a “r”.
Como o seu nome indica, normalmente, son sílabas difíciles de aprender para os alumnos e alumnas, xa que dan lugar a “ trabarse “ ao falar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario