Desde a páxina de Orientación Andújar atopamos múltiples actividades e recursos educativos gratuítos e accesibles para aplicar na aula.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
martes, 10 de decembro de 2024
Actividades de Nadal
xoves, 28 de novembro de 2024
Wordwall
Hoxe quixera recomendar @s docentes que traballan con medios dixitais a ferramenta Wordwall.
Wordwall é un portal educativo con xogos en liña que estimula a aprendizaxe do noso alumnado mentres se divirten. Hai multitude de versións de xogos; desde os clásicos crucigramas, cuestionarios ou sopas de letras, ata outros como xogos de azar ou coincidencias. Actividades que podemos adaptar a distintas idades, ritmos e estilos de aprendizaxe.
Como podedes observar neste blog, levo meses utilizándoo e desde hai semanas estou a elaborar as miñas propias actividades adaptadas ás necesidades do meu alumnado. Algunhas delas enlázoas neste blog, pero no propio portal de Wordwall teño diferentes cartafoles, segundo necesidades, con decenas de actividades.
Atoparédesme na comunidade Wordwall co perfil de joseacruzado.
Anímovos a que o probedes e os alumnos e alumnas estarán encantodos/as aprendendo e xogando. 😊😊
martes, 19 de novembro de 2024
Sílabas trabadas
Estiven a elaborar algunha actividade máis para o traballo das sílabas trabadas mediante a linguaxe dirixida.
Lembrade que son aquelas nas que se atopan dúas consonantes seguidas e unha vocal.
As sílabas trabadas adoitan ser difíciles de pronunciar. Conseguir a súa pronuncia pode ter certa dificultade.
Nas sílabas trabadas existen trece combinacións posibles: bl,br,cl,cr,dr,fl,fr,gl,gr,pl,pr,tr,tl. Normalmente cústanos menos os sinfóns con “l”, xa que entrañan menos dificultade que os que conteñen a “r”.
Como o seu nome indica, normalmente, son sílabas difíciles de aprender para os alumnos e alumnas, xa que dan lugar a “ trabarse “ ao falar.
xoves, 14 de novembro de 2024
mércores, 13 de novembro de 2024
Estimulación da linguaxe oral
A etapa infantil é a máis idónea para estimular a linguaxe oral; para iso débese crear un ambiente acolledor e desenvolver actividades lúdicas que favorezan a participación e expresión oral dos nenos e das nenas.
Ligazóns de interés:
Dificultades específicas da aprendizaxe (DEA)
Dificultades específicas da aprendizaxe: Entre o alumnado que require atención educativa diferente á ordinaria para que poida alcanzar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, atopamos aquel que presenta dificultades específicas de aprendizaxe (DEA).
Neste enlace do portal educativo da Comunidade Autónoma de Madrid atopamos diferente recursos, guías e información detallada para a intervención educativa con este alumnado.
Outra ligazón interesante é o do Equipo de Orientación Educativa e Psicopedagóxica de Molina de Segura
martes, 12 de novembro de 2024
O fonema /z
O fonema /z/ é linguointerdental, fricativo, xordo.
É frecuente o defecto do seseo, no cal o fonema /z/ é substituído por /s/. En diversas rexións españolas e hispanoamericanas este defecto non é tido como tal, ao considerárselle unha variedade do dialecto rexional.
A súa corrección é sinxela nos casos de dislalias e supérase con facilidade.
Algunhas actividades para afianzar xogando a súa correcta articulación poden ser:
mércores, 6 de novembro de 2024
Cadernos de lectoescritura funcional e actividades aplicadas a situacións reais
Cadernos pequenos para traballar a lectoescritura funcional e actividades baseadas en aplicacións prácticas de situacións reais da vida cotiá.
Fonte:arasaac.org
martes, 29 de outubro de 2024
Prosodia
Traballar a entoación, ritmo e fluidez nunca foi tan fácil e entretido. Este carrusel está cheo de actividades que axudarán a desenvolver estas habilidades no alumnado de forma dinámica.
Fonte: Orientación Andujar







