O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 17 de setembro de 2020

Caderno de emocións

  Clica aquí 

 



Taboleiro de ortografía

O seguinte material é un divertido taboleiro para exercitar a ortografía a través do xogo. Sen dúbida, a ortografía é un dos aspectos que máis lles custa asimilar aos nenos e as nenas cando xa aprenderon a escribir, algúns mesmo arrastran estes problemas ata a adolescencia ou a mocidade. Na maioría dos casos débese a que non prestan a debida atención mentres escriben, aínda que ás veces pode tratarse de falta de adestramento e práctica. Afortunadamente, existen algunhas estratexias que poden axudar ao noso alumnado para mellorar a súa ortografía.

Preme aquí para entrar 

 



mércores, 16 de setembro de 2020

Cronograma escolar

Cronograma escolar para o curso 2020-21, no que se reflicten os acontecementos máis relevantes do ano, para traballar na aula os valores de cada acontecemento e afianzar conceptos relacionados co mesmo.

Clica aquí para descargar


 

Vocabulario e razoamento lóxico

Presentación interactiva para traballar o vocabulario e o razoamento lóxico. O neno/para debe elixir o obxecto co cal podería realizar a acción que se presenta. Dispón de 4 categorías: 
 
1. Utensilios de cociña. 
2. Material escolar. 
3. Ferramentas. 
4. Utensilios de aseo.
 
 


luns, 14 de setembro de 2020

Tiras da verdade ou mentira

As tiras de verdade ou mentira son un material para traballar a comprensión lectora. Supoñen un excelente recurso para traballar a lectura comprensiva a modo de xogo. Ademais, como ocorre neste caso, utilizamos temáticas que sexan atractivas para os nenos e as nenas e que lles motive á realización de tarefas como estas. 

 Preme aquí


venres, 11 de setembro de 2020

Normas e rutinas básicas

Carteis coas normas e rutinas básicas para combater e evitar o contaxio por Coronavirus - Covid-19 no colexio.

As normas comprenden os diferentes comportamentos que se deben ter  enconta no colexio, na nos corredores, nos baños e nas aulas, entre elas, a noso aula de audición e linguaxe.

Normas na escola

Normas nos corredores

Normas na aula



Guía para voltar á escola

Imos deixar neste apartado diferentes documentos cas normas básicas Covid segundo o protocolo.

Guía para voltar á escola


Xa estamos de volta (2)

Neste día tocou voltar a ver ao alumnado do CEIP Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea. Xornada na que se incorpararon os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Benvid@s!!

xoves, 10 de setembro de 2020

Xa estamos de volta (1)

Hoxe foi a quenda de cuarto e quinto de Educación Infantil e máis primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria. Esta etapa da "nova normalidade" iniciámola no día de hoxe no CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei. Xa temos todo listo para comenzar co traballo presencial. 
Bo curso a todos e todas!! 
 

 

luns, 7 de setembro de 2020

Comenzamos o novo curso 2020-2021

Estamos a piques de comenzar o novo curso 2020-2021. Unha nova etapa dentro desta nova normalidade que nos trae a Covid-19. Teremos que convivir con esta realidade e para iso temos que facer as cousas moi ben entre todos e todas.

Novas normas no centro dirixidas a previr posibles contaxios que debemos ter moi, moi claras. Na nosa aula de Audición e Linguaxe tamén temos pictografiadas as normas que van rexer a nosa estancia nestas dependencias.

Imos aló!!