O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
mércores, 11 de novembro de 2020
domingo, 8 de novembro de 2020
Escritura creativa a partir de imaxes reais.
Unha das estratexias para mellorar a expresión escrita, é a través da escritura creativa. Actividades de lingua como a que vos traemos a continuación non só fomenta a habilidade lingüística senón que ademais axuda a desenvolver a escritura e a creatividade nos nosos alumnos e nas nosas alumnas.
Comprensión lectora
Esta actividade consiste en determinar se cada oración é verdadeira ou falsa con respecto ao debuxo. Para iso deberán procesar correctamente a estrutura sintáctica da oración e fixarse ben na imaxe. Unha vez saiban se é verdadeiro ou falso colorean o círculo de verde ou vermello.
mércores, 4 de novembro de 2020
Praxias coa vaca "Lola" (MOL-NV)
Coa axuda da nosa amiga a vaca "Lola" imos realizar uns exercicios de praxias. Estades preparados/as?
Traballamos a pragmática
A pragmática é unha rama da lingüística que se centra en estudar como o contexto inflúe na interpretación do significado dunha mensaxe.
O contexto pódese entender como a situación na que se pode incluír calquera aspecto extralingüístico (situación comunicativa, coñecemento compartido, relacións interpersoais…).
A pragmática ten en conta todos os aspectos que non son puramente lingüísticos e que poden condicionar o uso que lle damos á linguaxe.
Por esta importancia, traémosvos unhas tarxetas para que os nenos e nenas comecen a dar un uso funcional á linguaxe. Nestas tarxetas, deben responder a dúas preguntas.
En que se parecen? e En que se diferencian?
As respostas poden e deben ser numerosas por iso, hase de guiar o discurso do pequeno/a.
Pero coidado, han de fixarse ben os detalles.
luns, 2 de novembro de 2020
domingo, 1 de novembro de 2020
Xogamos cas palabras
Discriminación de sinfóns e sílabas mixtas: xogos de memoria, crucigramas, completar oracións, etc.
Nivel educativo: 1º e 2º de EP.
Actividades para alumnado T.E.A
Dossier de actividades para o alumnado T.E.A realizado polo fabuloso grupo de profesionais de "Proyecta"
mércores, 28 de outubro de 2020
Máis actividades de Halloween-Samaín
Nesta semana adicada a esta celebración terrorífica, achegamos novas actividades que podemos realizar co noso alumnado.
Clica para acceder ao Caderno Halloween
martes, 27 de outubro de 2020
Caderno de atención de Halloween
Caderno para que os/as máis peques traballen a atención, proceso psicolóxico básico moi importante no proceso de aprendizaxe do/a neno/a.







