A pragmática é unha rama da lingüística que se centra en estudar como o contexto inflúe na interpretación do significado dunha mensaxe.
O contexto pódese entender como a situación na que se pode incluír calquera aspecto extralingüístico (situación comunicativa, coñecemento compartido, relacións interpersoais…).
A pragmática ten en conta todos os aspectos que non son puramente lingüísticos e que poden condicionar o uso que lle damos á linguaxe.
Por esta importancia, traémosvos unhas tarxetas para que os nenos e nenas comecen a dar un uso funcional á linguaxe. Nestas tarxetas, deben responder a dúas preguntas.
En que se parecen? e En que se diferencian?
As respostas poden e deben ser numerosas por iso, hase de guiar o discurso do pequeno/a.
Pero coidado, han de fixarse ben os detalles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario