O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 19 de maio de 2021

Conciencia fonémica

A conciencia fonémica refírese á habilidade de escoitar, identificar e manipular os fonemas, que son as unidades máis pequenas dos sons que se combinan para formar palabras. 

Unha maneira na que os nenos e nenas de Educación Infantil se preparen para ler é dándose conta das palabras, rimas e  sílabas que escoitan todos os días, e xogar con elas. Isto chámase conciencia  fonológica.

Os nenos e as nenas tamén comezan a entoar os sons individuais ou  silábicos das palabras. Isto chámase conciencia fonémica. Mentres máis se desenvolvan esas habilidades de “ pre-lectura”, máis preparados e preparadas estarán para o reto de aprender a ler.


 

 

martes, 18 de maio de 2021

DICTAPICTO

A maioría das persoas con autismo fan uso dun sistema de comunicación baseado en  pictogramas, tanto para comprender a contorna á súa ao redor, como para estruturar espazo ou o seu tempo a través de paneis ou dunha axenda de actividades, e tamén para comunicarse cos demais, sinalándoos para pedir algo.

Consciente desta necesidade, a Fundación Orange desenvolveu  DictaPicto, unha  app que permite pasar unha mensaxe de voz ou escrito a imaxes de forma inmediata.

Pensada para axudar ás persoas con autismo ou a aquelas que usan sistemas  pictográficos para mellorar a súa comunicación, o seu obxectivo é mellorar o acceso á información e facilitar a comprensión da contorna con independencia de que as persoas que rodean á persoa con  TEA coñezan estes sistemas de comunicación  aumentativos e alternativos.

A tradución de voz a  pictogramas prodúcese de forma automática a partir dunha frase falada do usuario; converténdoa inicialmente en texto e, de aí, nos  pictogramas/imaxes que representan as palabras.

Fundación_Orange

xoves, 13 de maio de 2021

GCompris - Software libre con máis de 100 actividades e xogos educativos.

GCompris contén un gran número de actividades e xogos educativos para nenos e nenas de entre dous e dez anos (Educación Infantil e Primaria).


Actividades que vos podedes atopar:
- Descubrindo a computadora: teclado, rato, pantalla táctil...
- Lectura: letras, palabras, práctica de lectura, escritura de texto...
- Xogos: xadrez, memoria, aliñar 4, xogo do aforcado, tres en raia...
- Outros: cores, formas, alfabeto  Braille, aprender a dicir a hora...

Na actualidade,  GCompris ofrece máis de 100 actividades e hai máis en desenvolvemento.  GCompris é software libre, polo que ten a posibilidade de adaptalo ás súas necesidades, de melloralo e, o máis importante, de compartilo con nenos de todo o mundo.

O proxecto  GCompris está patrocinado e desenvolvido pola comunidade  KDE.

Para descargar GCompris, visita a súa páxina oficial e selecciona a versión que che interese: Páxina oficial  GCompris.

 

Preme para acceder á páxina 

Articulación da vibrante múltuple

Ordeamos oracións

martes, 11 de maio de 2021

xoves, 6 de maio de 2021

Dislexia

Presentámosche unha selección das mellores fichas de exercicios para traballar a  dislexia. Nestes exercicios traballamos a discriminación visual, con letras e con cores. Cada unha das fichas ten unhas cores diferentes para evitar a asociación dunha letra cunha cor determinada. 

Fonte: Edufichas 


 

 Preme para entrar