O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

domingo, 8 de novembro de 2020

Escritura creativa a partir de imaxes reais.

Unha das estratexias para mellorar a expresión escrita, é a través da escritura creativa. Actividades de lingua como a que vos traemos a continuación non só fomenta a habilidade lingüística senón que ademais axuda a desenvolver a escritura e a creatividade nos nosos alumnos e nas nosas alumnas.

Clica para acceder ás imaxes I

Clica para acceder ás imaxes II

Comprensión lectora

Esta actividade consiste en determinar se cada oración é verdadeira ou falsa con respecto ao debuxo. Para iso deberán procesar correctamente a estrutura  sintáctica da oración e fixarse ben na imaxe. Unha vez saiban se é verdadeiro ou falso  colorean o círculo de verde ou vermello.



As tiras de verdade ou mentira son un material recorrente para traballar a comprensión lectora.
Nesta ocasión, introducimos un elemento novo: os  pictogramas. Estes debuxos poden axudar ao neno e á  nena para comprender mellor a frase, a través da asociación imaxe-texto. As afirmacións que atopamos no exercicio trátanse de enunciados de lóxica adecuados a un nivel sinxelo.

mércores, 4 de novembro de 2020

Praxias coa vaca "Lola" (MOL-NV)

Coa axuda da nosa amiga a vaca "Lola" imos realizar uns exercicios de praxias. Estades preparados/as?


 

Traballamos a pragmática

A pragmática é unha rama da lingüística que se centra en estudar como o contexto inflúe na interpretación do significado dunha mensaxe.

O contexto pódese entender como a situación na que se pode incluír calquera aspecto  extralingüístico (situación comunicativa, coñecemento compartido, relacións interpersoais…).

A pragmática ten en conta todos os aspectos que non son puramente lingüísticos e que poden condicionar o uso que lle damos á linguaxe.

Por esta importancia, traémosvos unhas tarxetas para que os nenos e nenas comecen a dar un uso funcional á linguaxe. Nestas tarxetas, deben responder a dúas preguntas.

En que se parecen? e En que se diferencian?

As respostas poden e deben ser numerosas por iso, hase de guiar o discurso do pequeno/a.

Pero coidado, han de fixarse ben os detalles.

 Preme para entrar


Outra actividade que achegamos son estas 140 tarxetas para traballar a pragmática tamén.