O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 5 de maio de 2026

ERROS NA UNIÓN E SEGMENTACIÓN

Claves para comprendelos

1. Que son os erros de unión e segmentación? 

Os erros de unión e segmentación consisten en escribir palabras xuntas ou separadas de forma incorrecta. Son frecuentes na aprendizaxe da escritura.

Poden aparecer no  alumnado con dificultades de aprendizaxe, aínda que tamén son habituais en etapas iniciais sen que exista un trastorno grave.

2. Que non debemos facer?

  1. Pedir que “separe ben” sen ensinar o proceso.
  2. Dar a frase xa segmentada sen reflexión previa.
  3. Corrixir de forma mecánica e sen explicación.

Exemplo: 

“Segmenta a frase: Daniel foi ao parque coa súa irmá”.

3. Actividades guiadas para traballar a segmentación:

  1. Copiar ou repasar frases correctamente segmentadas.
  2. Ordenar palabras para formar unha frase.

Exemplo: nena / a / na / cama / dorme / 

4. Formación de frases con apoio progresivo

A partir de dúas listas de palabras, formar frases seguindo unha estrutura con grupos progresivos.

Exemplos:

  • Neno – mazás
  • Gato – peixe

Modelo:

Ao ______ gústalle comer ______.

Ao ______ gústalle o  ______.

5. Axustar a frase para a queixa semántica

Propoñer frases coa mesma estrutura para que o alumnado detecte erros e reorganice as palabras correctamente, favorecendo a concordancia e a separación adecuada.

Exemplos:

  • O nai come.
  • A pai canta.
  • Os nenos dormen.
  • Os nenas saltan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario