O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 16 de xuño de 2025

Pautas de traballo na casa para o verán


Chegan as esperadas vacacións e é momento de descanso, xogos, diversión, praia, piscina... pero non debemos de esquecernos de seguir reforzando todo o traballado durante o curso. Por este motivo déixovos unha serie de pautas para realizar durante estes meses de verán para traballar dificultades articulatorias na casa:

1. Modelado: Fala claro e lentamente diante do teu fillo ou da tuá filla, salientando os sons que necesita practicar.

2. Práctica de sons: Repite palabras e frases que conteñan o son obxectivo, e anima ao teu fillo ou á túa filla para imitarte.

3. Xogos de linguaxe: Utiliza xogos como "Que son fai...?" ou "Atopa obxectos que empecen co son...".

4. Lectura: Lede libros que inclúan palabras co son obxectivo.

5. Práctica regular: Establece un horario regular para practicar a articulación, mesmo se só é uns minutos ao día.

6. Reforzo positivo: Anima e eloxia ao teu fillo ou filla cando articule correctamente, sen importar o pequeno que sexa o progreso.

7. Paciencia: Lembra que cada neno/a aprende ao seu propio ritmo, así que se paciente e non te desanimes.

Boas vacacións!! 😀😀



Ningún comentario:

Publicar un comentario