O TDL (Trastorno do Desenvolvento da linguaxe) é unha patoloxía que engloba un conxunto de dificultades na adquisición da linguaxe expresiva e comprensiva. Todo iso, sen que existan déficit neurolóxicos, cognitivos, sensoriais, motores ou socio-familiares. Os nenos e nenas con TEL teñen un nivel de linguaxe inferior segundo a súa idade cronolóxica. Pero manteñen un desenvolvemento normal no resto de funcións.
Catalise, Bishop (2016, 2017) defíneo como non asociado a condición médica. Considera un trastorno con ampla hetereoxeneidade, propón eliminar clasificación de subtipos, e suxírese indicar áreas afectadas: por exemplo: TDL con afectación en área comprensiva e/o expresiva.
As dificultades maniféstanse en todas as modalidades da linguaxe, tanto oral como escrito. Existindo un vocabulario reducido, dificultades na organización do discurso e un uso deficiente das estruturas gramaticais.
Trastorno da linguaxe (TL): asociado a unha condición biomédica (TEA; parálise, discapacidade): problemas da linguaxe que forman parte doutros trastornos máis complexos.
Tipos
Expresivo: limitacións na produción da linguaxe sen que existan dificultades na comprensión. A produción da linguaxe é fluída pero a articulación é distorsionada.
Mixto: existen dificultades tanto na comprensión como na expresión da linguaxe.
Léxico-sintáctico: existen dificultades léxicas, morfolóxicas e de evocación de palabras. A articulación da linguaxe é adecuada, así como a fluidez, aínda que podería existir “seudo-tatexo” ocasional. Existe ademais unha deficiente comprensión de enunciados complexos.
Semántico-pragmático: existen severas dificultades de comprensión de enunciados complexos e do discurso. Ademais, tamén existen dificultades no desenvolvemento semántico (tempos verbais, pronomes…), así como dificultades na recuperación léxica. O fala é fluída, e a articulación normal. Caracterízase, especialmente, por dificultades a nivel pragmático en relación á función conversacional (ecolalias, circunloquios, estereotipias verbais…).
Fonte: Alba Jiménez Zumaquero

Ningún comentario:
Publicar un comentario