Preguntástesvolo algunha vez? Moitos estudos sinalan que hai certos factores de risco que indican un atraso da linguaxe, entre eles, a atención conxunta. No autismo é moi destacable a falta de atención conxunta. Pero, que é a atención conxunta?
A atención conxunta permítenos interactuar con outras persoas. Isto é como a comunicación, unha maneira de interactuar cos demais. Realmente, a comunicación comeza con esa atención conxunta. Cando un neno ou nene non se decata de que estás a tentar entrar no seu xogo, non hai interacción entre os dous.
A ATENCIÓN conduce á ESCOITA… a ESCOITA frecuente conduce á COMPRENSIÓN da LINGUAXE… e comprendendo a LINGUAXE lévanos á COMUNICACIÓN… de maneira que tras a COMUNICACIÓN (mirada, xestos, expresións faciais) vén o FALA.
Fonte: Red Cenit
Ningún comentario:
Publicar un comentario