Estas divertidas actividades para traballar as secuencias temporais que axudan ao desenvolvemento cognitivo dos rapaces e das rapazas, permitíndolles mellorar a súa capacidade de ordenar secuencias e por tanto de estruturarse mellor mentalmente.
Trátase de poñer en orde unha serie de debuxos ou fotografías que poden ser de eventos familiares ou debuxos que podemos atopar na rede, facendo unha procura por “secuencias temporais” poderemos atopar unha gran colección.
A organización temporal, é dicir, a habilidade para percibir a sucesión de feitos no tempo permite ao noso alumnado descubrir os elementos e detalles que determinan a orde cronolóxica. A vivencia ordenada do tempo é esencial para a súa estabilidade física e emocional.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
venres, 19 de febreiro de 2021
Secuencias temporais
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario