O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
xoves, 1 de febreiro de 2024
mércores, 31 de xaneiro de 2024
xoves, 18 de xaneiro de 2024
Xogos para a estimulación da linguaxe oral.
A comunicación é unha actividade imprescindible para todos os seres humanos e a súa importancia nótase xa desde as primeiras etapas da nosa vida. Unha estimulación da linguaxe adecuada permite potenciar o desenvolvemento de todas as habilidades durante a infancia temperá. Tamén axuda no desenvolvemento intelectual, contribuíndo ao mesmo tempo ao desenvolvemento cognitivo e unha adecuada expresión de emocións, ideas e sentimentos.
mércores, 10 de xaneiro de 2024
martes, 19 de decembro de 2023
Altas Capacidades na escola
Distínguense tres tipos de aptitude excepcional: a precocidade, a superdotación e o talento. Cada un destes tres compoñentes responden a unha realidade diferente.
PRECOCIDADE INTELECTUAL
O alumnado intelectualmente precoz é aquel que se desenvolve a un ritmo máis rápido que o resto dos seus compañeiros e compañeiras, e que actúa os seus recursos mentais antes que eles. O que caracteriza a estes nenos e nenas aprenden a falar antes, interésanse polas letras e os números antes, e len e escriben antes… en definitiva, a súa evolución intelectual é máis veloz.
SUPERDOTACIÓN
Enténdese a superdotación como un perfil complexo que se define ao redor de tres eixos e que, por tanto, non basta cunha única característica para determinala. A superdotación intelectual implica dispoñer dun gran potencial en todas as áreas que comprenden a intelixencia humana, acompañado dunha alta capacidade para as tarefas creativas e un pensamento capaz de combinar estes aspectos cun resultado innovador e diferente.
Os tres eixos da superdotación son: INTELIXENCIA, PERSONALIDADE E CREATIVIDADE.
TALENTO
O termo talentoso é ambiguo en moitas ocasións e a súa diferenza coa superdotación non sempre quedou clara, de maneira que no marco das altas capacidades podemos distinguir o grupo de persoas con talento, e consideralas como un fenómeno diferente á superdotación. O talento mostra un elevado rendemento ou destreza nunha determinada área de coñecemento, habilidade ou conduta específica: é un especialista nunha área concreta do espectro intelectual.
Fonte: Sandra Tarragó, Susana Arroyo y Mercè Martorell (2006). La realidad de una diferencia: Los superdotados. Barcelona: Terapias Verdes.
martes, 12 de decembro de 2023
Xogo e alumnado TEA
«O xogo é un medio educativo de indubidable importancia a través do cal os nenos/as observan, exploran e chegan a coñecerse mellor a sí mesmos e ao mundo que lles rodea, pero sobre todo o xogo infantil proporciona a oportunidade de aprender e practicar as habilidades sociais que son tan importantes para o éxito dentro da escola e a sociedade. Debido a que os nenos/as con TEA a miúdo fracasan coas súas habilidades de xogo, é prioritario que os educadores que traballan con eles sexan conscientes destas necesidades e dominen diversos métodos para ensinarllas» (García, 2003)
O xogo posibilita melloras na:
- comunicación
- interacción social
- a resolución de problemas
- aprendizaxe de regras sociais
- o desenvolvemento da teoría da mente
Velaquí unha ferramenta útil para propor momentos de xogo de maneira visual: TEAyudo a jugar.
Xogos causa-efecto na PDI. Aula PT
Cetea Edicións ten 14 xogos interactivos para poder practicar situacións do día a día ou xogos entretidos como arrastrar e soltar ou quebracabezas.
TIPOS DE XOGO
Existen diversas formas de xogo infantil (García, Fernández e Fidalgo 2003):
- Simbólico: Uso de obxectos coma se fosen outros.
- Funcional: Uso de obxectos segundo a súa función.
- Sociodramático: Implica actividades de role-playing nas que os/as nenos/as desempeñan papeis relacionados cun tema.
Cornago (2010) engade algunhas formas máis:
- Interactivo: Xogos de compoñente motor que se realizan interactuando cun adulto.
- Recíproco: Xogar con outra persoa intercambiando un obxecto.
- Xogo de regras: Xogo ao que se xoga con outras persoas e no cal hai que seguir unhas regras.
Os xogos pódense desenvolver a distintos niveis, tendo en conta o número de nenos/as que participan no mesmo:
- Xogo illado: Non require doutra persoa.
- En parella: Cooperación con outra persoa.
- Grupal: Cooperación entre tres ou máis persoas.
- En equipo: Competición de dous ou máis grupos para lograr un obxectivo.
xoves, 30 de novembro de 2023
Confusións das letras "b" e "d"
É importante analizar se a confusión se debe a un aspecto principalmente fonolóxico (similitude entre os trazos acústicos dos fonemas) ou visual (similitude entre os trazos do grafema), así como, salientar naquelas tarefas que sexan máis apropiadas en relación ao estilo de aprendizaxe de cada neno ou nena (predominancia auditiva, visual ou kinestésica).
martes, 28 de novembro de 2023
Xogo e aprendizaxe
Demostrouse con varios estudos científicos que o xogo xera unha serie de accións no cerebro que repercuten en beneficio directo da aprendizaxe significativa e a saúde física e emocional das nenas e dos nenos.
O xogo é a tarefa fundamental á que debe dedicarse @ nen@ durante a súa infancia: a través do xogo desenvolve o súa cognición e aspectos sensoriais, descobre as emocións, reproduce situacións cotiás que lle permiten aprender a desenvolverse de forma adecuada no mundo que lle rodea e crea a que será a súa personalidade futura.
Que temos que ter en conta cando falamos de Estimular a linguaxe?
- A linguaxe ten un carácter social
- @s nen@s aprenden por imitación (modelado)
- A aprendizaxe é máis eficaz se a experiencia resulta divertida (é dicir, se é mediante un xogo)
En resumo, o xogo favorece a aprendizaxe de todas as áreas do desenvolvemento infantil.
venres, 24 de novembro de 2023
mércores, 22 de novembro de 2023
Inferencias visuais
Traballar a comprensión lectora con axuda de debuxos ou pistas visuais facilita moito a tarefa de lectura comprensiva ao alumnado. Neste tipo de tarefas, traballamos ademais as inferencias visuais, xa que en ocasións o alumnado deberá responder a cuestións que non veñen explicitamente representadas na imaxe.





