O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
mércores, 10 de xaneiro de 2024
martes, 19 de decembro de 2023
Altas Capacidades na escola
Distínguense tres tipos de aptitude excepcional: a precocidade, a superdotación e o talento. Cada un destes tres compoñentes responden a unha realidade diferente.
PRECOCIDADE INTELECTUAL
O alumnado intelectualmente precoz é aquel que se desenvolve a un ritmo máis rápido que o resto dos seus compañeiros e compañeiras, e que actúa os seus recursos mentais antes que eles. O que caracteriza a estes nenos e nenas aprenden a falar antes, interésanse polas letras e os números antes, e len e escriben antes… en definitiva, a súa evolución intelectual é máis veloz.
SUPERDOTACIÓN
Enténdese a superdotación como un perfil complexo que se define ao redor de tres eixos e que, por tanto, non basta cunha única característica para determinala. A superdotación intelectual implica dispoñer dun gran potencial en todas as áreas que comprenden a intelixencia humana, acompañado dunha alta capacidade para as tarefas creativas e un pensamento capaz de combinar estes aspectos cun resultado innovador e diferente.
Os tres eixos da superdotación son: INTELIXENCIA, PERSONALIDADE E CREATIVIDADE.
TALENTO
O termo talentoso é ambiguo en moitas ocasións e a súa diferenza coa superdotación non sempre quedou clara, de maneira que no marco das altas capacidades podemos distinguir o grupo de persoas con talento, e consideralas como un fenómeno diferente á superdotación. O talento mostra un elevado rendemento ou destreza nunha determinada área de coñecemento, habilidade ou conduta específica: é un especialista nunha área concreta do espectro intelectual.
Fonte: Sandra Tarragó, Susana Arroyo y Mercè Martorell (2006). La realidad de una diferencia: Los superdotados. Barcelona: Terapias Verdes.
martes, 12 de decembro de 2023
Xogo e alumnado TEA
«O xogo é un medio educativo de indubidable importancia a través do cal os nenos/as observan, exploran e chegan a coñecerse mellor a sí mesmos e ao mundo que lles rodea, pero sobre todo o xogo infantil proporciona a oportunidade de aprender e practicar as habilidades sociais que son tan importantes para o éxito dentro da escola e a sociedade. Debido a que os nenos/as con TEA a miúdo fracasan coas súas habilidades de xogo, é prioritario que os educadores que traballan con eles sexan conscientes destas necesidades e dominen diversos métodos para ensinarllas» (García, 2003)
O xogo posibilita melloras na:
- comunicación
- interacción social
- a resolución de problemas
- aprendizaxe de regras sociais
- o desenvolvemento da teoría da mente
Velaquí unha ferramenta útil para propor momentos de xogo de maneira visual: TEAyudo a jugar.
Xogos causa-efecto na PDI. Aula PT
Cetea Edicións ten 14 xogos interactivos para poder practicar situacións do día a día ou xogos entretidos como arrastrar e soltar ou quebracabezas.
TIPOS DE XOGO
Existen diversas formas de xogo infantil (García, Fernández e Fidalgo 2003):
- Simbólico: Uso de obxectos coma se fosen outros.
- Funcional: Uso de obxectos segundo a súa función.
- Sociodramático: Implica actividades de role-playing nas que os/as nenos/as desempeñan papeis relacionados cun tema.
Cornago (2010) engade algunhas formas máis:
- Interactivo: Xogos de compoñente motor que se realizan interactuando cun adulto.
- Recíproco: Xogar con outra persoa intercambiando un obxecto.
- Xogo de regras: Xogo ao que se xoga con outras persoas e no cal hai que seguir unhas regras.
Os xogos pódense desenvolver a distintos niveis, tendo en conta o número de nenos/as que participan no mesmo:
- Xogo illado: Non require doutra persoa.
- En parella: Cooperación con outra persoa.
- Grupal: Cooperación entre tres ou máis persoas.
- En equipo: Competición de dous ou máis grupos para lograr un obxectivo.
xoves, 30 de novembro de 2023
Confusións das letras "b" e "d"
É importante analizar se a confusión se debe a un aspecto principalmente fonolóxico (similitude entre os trazos acústicos dos fonemas) ou visual (similitude entre os trazos do grafema), así como, salientar naquelas tarefas que sexan máis apropiadas en relación ao estilo de aprendizaxe de cada neno ou nena (predominancia auditiva, visual ou kinestésica).
martes, 28 de novembro de 2023
Xogo e aprendizaxe
Demostrouse con varios estudos científicos que o xogo xera unha serie de accións no cerebro que repercuten en beneficio directo da aprendizaxe significativa e a saúde física e emocional das nenas e dos nenos.
O xogo é a tarefa fundamental á que debe dedicarse @ nen@ durante a súa infancia: a través do xogo desenvolve o súa cognición e aspectos sensoriais, descobre as emocións, reproduce situacións cotiás que lle permiten aprender a desenvolverse de forma adecuada no mundo que lle rodea e crea a que será a súa personalidade futura.
Que temos que ter en conta cando falamos de Estimular a linguaxe?
- A linguaxe ten un carácter social
- @s nen@s aprenden por imitación (modelado)
- A aprendizaxe é máis eficaz se a experiencia resulta divertida (é dicir, se é mediante un xogo)
En resumo, o xogo favorece a aprendizaxe de todas as áreas do desenvolvemento infantil.
venres, 24 de novembro de 2023
mércores, 22 de novembro de 2023
Inferencias visuais
Traballar a comprensión lectora con axuda de debuxos ou pistas visuais facilita moito a tarefa de lectura comprensiva ao alumnado. Neste tipo de tarefas, traballamos ademais as inferencias visuais, xa que en ocasións o alumnado deberá responder a cuestións que non veñen explicitamente representadas na imaxe.
mércores, 15 de novembro de 2023
Sinfóns & sílabas trabadas
Sinfón, ou sinfóns, é o termo que usamos para referirnos aos fonemas (“sons”) que se corresponden con dúas consoantes seguidas ao comezo dunha sílaba. Por exemplo a “TR” de TRES, ou BL de BLOGUE. Cando estamos a falar da súa escritura, referímonos a estas sílabas como sílabas trabadas, pero na súa pronuncia, ao falar, o son que temos que articular, chamámolo sinfón. Por iso, cando na escola che digan que non articula correctamente os sinfóns, é algo que ti xa sabías.
Que pasa se me din que o meu fillo ou filla non articula ben os sinfóns?
Non hai que asustarse, nin moito menos. No proceso normal de adquisición da linguaxe, aprender a dicir este tipo de sons adoita estar ao final, moitas veces só antes de /r/ forte. Hai nen@s que o din antes, ou que xa din "torre", pero non TREN. En calquera caso non hai que preocuparse polos problemas na articulación de sinfóns. Sinxelamente, a partir de certa idade (4-5 anos), convén observalos para decidir se hai que intervir, porque sí é certo que ás veces necesitan un apoio para conseguilo.
martes, 14 de novembro de 2023
Sigmatismo
O sigmatismo é unha dificultade na adquisición e produción do son /s/ debido a diferentes causas.
Sabemos que o sigmatismo é frecuente xa que é un dos últimos sons que evolutivamente @ nen@ consegue emitir. Ademais, esta dificultade ten que ver coa complexidade que require a súa emisión en canto ao movemento lingual.
Dependendo da causa, diferenciamos:
- Sigmatismo interdental: é o máis habitual entre @s nen"s, en particular, durante a dentición. @ nen@ introduce a lingua entre os dentes incisivos dando como resultado o son /z/.
- Sigmatismo dental: Apoia a lingua contra os alvéolos inferiores impedindo a formación dunha canle para o paso do aire. O aire só pode saír entre os dentes producindo un son similar ao fonema /t/.
- Sigmatismo labiodental: o aire sae entre o beizo inferior e os incisivos superiores, coma se articulásese unha /f/. Trátase dun tipo de sigmatismo pouco habitual.
- Sigmatismo labial: o aire sae entre os dentes e o oco formado entre ambos os beizos como resultado de proxectalos cara a adiante, producindo un son parecido á combinación dos fonemas /f/ e /ch/.
- Sigmatismo palatal: a punta da lingua apóiase no padal duro producindo un son semellante a /ch/.
- Sigmatismo lateral: unicamente elévase un lado da lingua polo que a corrente de aire diríxese cara ao lado oposto e, atravesando os cabeiros e os premolares, choca contra a fazula.
- Sigmatismo nasal: a súa causa é nun mal funcionamento do veo do padal que impide unha correcta oclusión facendo que o aire salga polas fosas nasais.
luns, 13 de novembro de 2023
Trastorno fonético ou fonolóxico?
Nos trastornos fonéticos a dificultade preséntase a nivel da articulación do fonema illado. A orixe desta dificultade dáse por unha alteración orgánica ou funcional nos órganos que interveñen na produción do fala (lingua, beizos etc.), pode estar acompañado de frenillo sublingual curto, incorrectas posicións e falta de axilidade linguo labial.Nestes casos, a dificultade está centrada no aspecto motriz ou articulatorio.
Nos trastornos fonolóxicos a dificultade está na produción inapropiada do son en conxunto (nunha palabra, oración etc.) que se pode observar dentro do vocabulario e gramática normal. Este trastorno entón fai referencia a dificultades do fala en nen@s que non teñen alteradas outras habilidades lingüísticas (non se produce no nivel articulatorio xa que poden pronunciar ben as palabras en imitación pero dentro da súa linguaxe espontánea substitúenas ou omiten), prodúcese no nivel perceptivo e organizativo, é dicir, nos procesos de discriminación auditiva, afectando os mecanismos de conceptualización dos sons e á relación entre significante e significado (non teñen unha representación mental do son).
Fonte: CCIPLA
Ligazóns de interese:
Fonética e Fonoloxía en Galego (Cadros de fonemas vocálicos e consonánticos)







