Neste blogue poderedes atopar moitos recursos para traballar cos nosos alumnos e alumnas, sobre todo cos de necesidades específicas de apoio educativo. O programa de estimulación da linguaxe FALA- M é elaborado por Natalia Cortés con antigos compañeiros do colexio Vitoria Díez de Hornachuelos.
Un interesante blogue do que podemos aproveitar un gran número de actividades e recursos para traballar co noso alumnado.
O método global consiste en aplicar ao ensino da lectura e escritura o mesmo proceso que segue nos nenos e nas nenas para ensinarlles a falar. Os nenos e as nenas grazas a sua memoria visual, recoñecen frases e oracións e nelas as palabras. A palabra escrita é o debuxo dunha imaxe que evoca cada idea.
Moitos dos alumnos e das alumnas que teñen dificultades para producir fonemas secuenciados á
hora de construír palabras, en definitiva, dificultades en programación e
posteriormente, xa na primaria, presentan dificultades na adquisición da
lectoescritura. Estes xestos axudan nun primeiro momento como apoio a
discriminar, secuenciar e lembrar fonemas e nunha segunda etapa, na
adquisición da lectoescritura, coma xesto recordo tanto dos fonemas coma
dos grafemas.
Unha ferramenta para o tratamento das alteracións na zona orafacial son os exercicios que traballan a forza, o ton, a resistencia e a mobilidade muscular de forma activa, tamén coñecidos como praxias orofaciales.
Os exercicios de motricidade orofacial son aqueles que implican movemento voluntario dos órganos buco-fonadores. McCauley (2009) defíneos como “actividades non verbais que implican estimulación sensorial ou accións de beizos, mandíbula, lingua, padal brando,[…] que pretenden influír nas bases fisiolóxicas do mecanismo orofaríngeo para mellorar as súas funcións”.
Para continuar cremos que é fundamental entender o concepto de forza muscular e dentro desta, do ton muscular e a resistencia.
A forza é a “capacidade dun músculo de producir a tensión necesaria para iniciar o movemento, controlalo ou manter unha postura, ou tamén, a resistencia máxima que este pode exercer”. (H. Bascuñana, e. Renau, c. Abril, J.M. Puig e J. J. Aguilar).
O ton muscular é a contracción parcial, pasiva e continua dos músculos en estado de repouso. Por último, describiremos a resistencia muscular como a capacidade de levantar, empuxar ou tirar dun peso establecido por un período de tempo prolongado.
Para rematar este mes de setembro, hoxe quero animarvos a ler esta obra: O Principiño.
Éa novela máis curta e máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint- Expéry. É un libro para pequen@s e maiores, para nen@s e adult@s. Unha obra para facernos reflexionar pero cun gran poder de atracción.
Hai moitas razóns para leer este fermoso libro, cales son as vosas? Que vos parece este libro? Engadiríades unha razón máis? Dicídemo nos comentarios!
Ás veces se temos problemas para articular correctamente un
son, dinnos que é porque non realiza correctamente as praxias. Iso está
moi ben pero..., que son as praxias?
Antes de aclarar este
termo, lémbrovos que é moi importante ter unha axilidade e coordinación
de movementos moi precisa para falar correctamente.
E iso é
precisamente o que son as praxias: movementos organizados, de maior ou
menor dificultade, que se fan para alcanzar un obxectivo (neste caso,
pronunciar correctamente as diferentes fonemas).
Debido a que na
boca non só se realizan actividades relativas ao fala, hai que ter en
conta que a realización máis ou menos dificultosa dos movementos
poderían involucrar ao sopro, a alimentación...
Os exercicios
máis comúns que se realizan cando un neno ou nena ten algún tipo de
dificultade na realización das praxias, adoitan englobar movementos que
inclúen os beizos, a lingua, os músculos próximos á boca, a mandíbula
ou o veo do padal.
Ademais, como sempre dicimos, cada persoa é un mundo, e non poden realizar os mesmos movementos á mesma idade.