O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 19 de outubro de 2021

Lectura de palabras

O método global consiste en aplicar ao ensino da lectura e escritura o mesmo proceso que segue nos nenos e nas nenas para ensinarlles a falar. Os nenos e as nenas grazas a sua memoria visual, recoñecen frases e oracións e nelas as palabras. A palabra escrita é o debuxo dunha imaxe que evoca cada idea.



Material eleborado por Elisabeth Fernández Pérez

Imaxes de Aula PT

Hallowen ou Samaín

Un entretido xogo do aforcado relacionado con ese vocabulario terrorífico creado en genial.ly.


xoves, 14 de outubro de 2021

Introdución aos fonemas. Xestos Guberina

Xestos Guberina. Introdución aos fonemas". 

Moitos dos alumnos e das alumnas que  teñen dificultades para producir fonemas secuenciados á hora de construír palabras, en definitiva, dificultades en programación e posteriormente, xa na primaria, presentan dificultades na adquisición da lectoescritura. Estes xestos axudan nun primeiro momento como apoio a discriminar, secuenciar e lembrar fonemas e nunha segunda etapa, na adquisición da lectoescritura, coma xesto recordo tanto dos fonemas coma dos grafemas.

 

           
        

Clica para acceder

Fonte: #Soyvisual

 

xoves, 7 de outubro de 2021

Praxias (exercicios isotónicos da lingua)

Unha ferramenta para o tratamento das alteracións na zona orafacial son os exercicios que traballan a forza, o ton, a resistencia e a mobilidade muscular de forma activa, tamén coñecidos como praxias orofaciales.

Os exercicios de motricidade  orofacial son aqueles que implican movemento voluntario dos órganos  buco-fonadores.  McCauley (2009) defíneos como “actividades non verbais que implican estimulación sensorial ou accións de beizos, mandíbula, lingua, padal brando,[…] que pretenden influír nas bases fisiolóxicas do mecanismo  orofaríngeo para mellorar as súas funcións”.

Para continuar cremos que é fundamental entender o concepto de forza muscular e dentro desta, do ton muscular e a resistencia.

A forza é a “capacidade dun músculo de producir a tensión necesaria para iniciar o movemento, controlalo ou manter unha postura, ou tamén, a resistencia máxima que este pode exercer”.      (H.  Bascuñana, e.  Renau,  c. Abril,  J.M. Puig e  J. J. Aguilar).

 O ton muscular é a contracción parcial, pasiva e continua dos músculos en estado de repouso. Por último, describiremos a resistencia muscular como a capacidade de levantar, empuxar ou tirar dun peso establecido por un período de tempo prolongado.





 

 


xoves, 30 de setembro de 2021

O Principiño

Para rematar este mes de setembro, hoxe quero animarvos a ler esta obra: O Principiño.   

É a novela máis curta e máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de  Saint- Expéry. É un libro para pequen@s e maiores, para nen@s e adult@s.  Unha obra para facernos reflexionar pero cun gran poder de atracción. 

 


Hai moitas razóns para leer este fermoso libro, cales son as vosas? Que vos parece este libro? Engadiríades unha razón máis? Dicídemo nos comentarios! 
 


xoves, 9 de setembro de 2021

Praxias (MOL-NV)

 
 
Ás veces se temos problemas para articular correctamente un son, dinnos que é porque non realiza correctamente as praxias. Iso está moi ben pero..., que son as  praxias?

Antes de aclarar este termo, lémbrovos que é moi importante ter unha axilidade e coordinación de movementos moi precisa para falar correctamente.

E iso é precisamente o que son as  praxias: movementos organizados, de maior ou menor dificultade, que se fan para alcanzar un obxectivo (neste caso, pronunciar correctamente as diferentes fonemas).

Debido a que na boca non só se realizan actividades relativas ao fala, hai que ter en conta que a realización máis ou menos dificultosa dos movementos poderían involucrar ao sopro, a alimentación...

Os exercicios máis comúns que se realizan cando un neno ou nena ten algún tipo de dificultade na realización das  praxias, adoitan englobar movementos que inclúen os beizos, a lingua, os músculos próximos á boca, a mandíbula ou o veo do padal.

Ademais, como sempre dicimos, cada persoa é un mundo, e non poden realizar os mesmos movementos á mesma idade.
 

 

mércores, 8 de setembro de 2021

Comenzamos!!

Chega o inicio dun novo curso, despois dun verán que seguramente se fixo curto, pero que estou seguro que gozariades ao máximo. 
Agora toca cambiar o chip e comezar esta nova etapa formativa nuns meses que aínda estarán marcados polas restricións derivadas da pandemia. 
Así que moito ánimo e sorte para este curso 2020-2021.