O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
luns, 22 de febreiro de 2021
domingo, 21 de febreiro de 2021
O monstro comesílabas
O monstro comesílabas é un fantástico xogo en liña creado por Beatriz Álvarez, mestra PT. O obxectivo do xogo reforzar a conciencia silábica en sílaba inicial, intermedia e final.
Este tipo de tarefas nas que o alumno ten que xogar cos sons son especialmente interesantes para alumnos preceptores, cunha baixa competencia en conciencia fonológica ou con dislexia.
venres, 19 de febreiro de 2021
Secuencias temporais
Estas divertidas actividades para traballar as secuencias temporais que axudan ao desenvolvemento cognitivo dos rapaces e das rapazas, permitíndolles mellorar a súa capacidade de ordenar secuencias e por tanto de estruturarse mellor mentalmente.
Trátase de poñer en orde unha serie de debuxos ou fotografías que poden ser de eventos familiares ou debuxos que podemos atopar na rede, facendo unha procura por “secuencias temporais” poderemos atopar unha gran colección.
A organización temporal, é dicir, a habilidade para percibir a sucesión de feitos no tempo permite ao noso alumnado descubrir os elementos e detalles que determinan a orde cronolóxica. A vivencia ordenada do tempo é esencial para a súa estabilidade física e emocional.
Razoamento lóxico
O razoamento lóxico é a habilidade de pensar e usar información para adquirir coñecementos, entender o mundo e tomar decisións. ... Un neno ou nena pode ir formando o seu razoamento lóxico a través da aprendizaxe; esta información nova vai creando conexións no cerebro chamadas vías neuronais necesarias para a adquisición das diferentes competencias.
luns, 15 de febreiro de 2021
Charanga de Entroido
Feliz Entroido amigos e amigas.
xoves, 11 de febreiro de 2021
martes, 9 de febreiro de 2021
luns, 1 de febreiro de 2021
Xogamos ao Golf
Con este xogo de golf imos traballar a atención, os conceptos espacio-temporais e sobre todo divertirnos aprendendo.
Gracias a Joel por esta aportación. 👦👦👦
martes, 26 de xaneiro de 2021
Conceptos básicos
Destinado á adquisición e reforzo dos primeiros conceptos básicos a través de escenas animadas.
A combinación de gráficos ( pictogramas ARASAAC e ilustracións de pictocuentos) sons e texto facilitan a comprensión do concepto presentado en cada unha das escenas. Trabállase a atención, a memoria visual, a memoria auditiva ,comprensión oral.
Agradecemos a colaboración e excelente traballo de Lucía Fernandez Vivancos.








