O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 29 de setembro de 2020

Memoria - Campos Semánticos

Preséntovos unha lámina para estimular a MEMORIA a curto prazo que contén 12 estímulos visuais pertencentes a tres categorías  semánticas diferentes: froitas, obxectos relacionados coa hixiene e pezas de vestir.

Nesta actividade, o/a alumno/a memorizará  visualmente todos os elementos posibles nun tempo estimado. Loxicamente, este tempo debe variar en función do seu nivel. Unha vez transcorrese este tempo,  verbalizará todos os elementos que lembre seguindo a orde que lle pidamos, en base aos tres campos  semánticos.

É un recurso moi completo porque ademais de estimular a memoria, estamos a realizar unha actividade de VELOCIDADE DE PROCESAMENTO ao introducir un tempo máximo e, doutra banda, estimulamos a LINGUAXE E A CATEGORIZACIÓN.

Preme aquí



Cadernos de estimulación cognitiva

Cadernos de fichas destinadas á estimulación cognitiva do alumnado, principalmente, no referente a atención, concentración,  discriminación, emocións, rutinas, léxico,  semántica, razoamento lóxico, funcións executivas e pragmática.

 Caderno 1

 Caderno 2



sábado, 26 de setembro de 2020

Praxias (MOL-NV)


 

Programa Estumulación da Linguaxe: Aprendemos vocabulario do outono (castelán).


 

Material TEACCH - Relaciona as árbores e os/as froitos/as do outono

Material  manipulativo tipo  TEACCH  para traballar a asociación das árbores e os froitos/as do outono de forma autónoma, grazas ás claves de cor. 

As imaxes que forman parella teñen no bordo o mesmo cor. Ademais o froito/a aparece en pequeno na imaxe da árbore correspondente co cal o/a alumno/a non terá ningunha dificultade en utilizar este material. 

Clica aquí para acceder os materiais 




O outono: actividades e recortables

Material composto por actividades e  recortables con  pictogramas para traballar a identificación e evocación do vocabulario relacionado coa estación do outono.

Preme aquí para ver as actividades e clica aquí para os recortables.




xoves, 24 de setembro de 2020

Tarxetas para relacionar e categorizar

A estimulación cognitiva é o nome que se lle dá a todas as accións e estratexias que permiten o desenvolvemento, estimulación e mellora das funcións cognitivas dos nenos. Nesta ocasión, imos traballar con tarxetas cuxo é obxectivo é relacionar e  categorizar unha serie de conceptos.

Clica nesta ligazón 


 

Fichas para traballar sobre o Covid-19 - Coronavirus

Presentación e documento con fichas para traballar diferentes contidos e actividades relacionados co Covid-19 ou Coronavirus.

Este material pódese traballar de maneira complementaria a través dun vídeo educativo sobre conceptos e as novas normas a adoptar #ante o Coronavirus.

Preme aquí