O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 25 de maio de 2020

Aventura pirata

Presentación interactiva para traballar a asociación da imaxe real co  pictograma diferentes pezas de vestir que temos que colocar no  tendedeiro. 

Unha forma moi divertida de traballar a atención, a discriminación visual, a asociación imaxe- pictograma e a aprendizaxe de vocabulario.

Preme aquí para entrar


Xogamos ás descricións cos oficios

Material para traballar as descricións cos oficios identificando cal é o oficio, onde traballa e que ferramentas utiliza.

Pica aquí para descargar


Adiviñas para nenos. Xogo de estimulación lingüística

Na canle de Eugenia Romero atopamos estas adiviñas para nenos e nenas. É un xogo de estimulación lingüística onde se pode traballar a comprensión a través de preguntas como quen?, que? e cal? ademais de ampliar o vocabulario  través de categorías  semánticas como os animais, as froitas, os transportes, as partes do corpo, os instrumentos musicais, etc.



Lecturas comprensivas


Compártovos hoxe, en primeiro lugar,  lecturas comprensivas verdade-mentira.  Nesta actividade  o alumnado terá que ver observar a imaxe e decidir se a oración é verdadeira ou falsa. Subliñaranse as oracións verdadeiras.

Non importa tanto nesta tarefa se realmente é certo ou non, senón a análise da oración, a comprensión dela e a xustificación que o alumno ou a alumna poidan dar á súa decisión.

Preme aquí para descargar lecturas verdade-mentira.




Seguidamente, imos traballar a  inferencia na lectura, que é unha estratexia fundamental no proceso da interpretación. A  "inferencia" pode considerarse como a estratexia principal, a auténtica clave da lectura. Toda lectura, ata a máis “inxenua”, fai uso da  inferencia. 

Trátase dun proceso natural que serve para deducir a información implícita dun texto. Para operar con  inferencias, é vital que o lector estableza esquemas de interpretación e conte con información suficiente.

Preme aquí para descargar actividades de inferencia.







venres, 22 de maio de 2020

Conto TEACCH - Vexo, vexo froitas e cores

Conto  manipulativo tipo  TEACCH sobre as froitas e as cores. A través do conto, o/a neno/a terá que descubrir as froitas e colocalas na súa cor correspondente, empregando como eixo condutor o clásico xogo do Vexo-vexo. Agradecer á súa autora, Diana Bericoechea Álvarez, e a ARASAAC este fantástico traballo.

Para ir ao conto preme aquí e para acceder o videoconto pica nesta ligazón




Coronavirus - Historia social - As máscaras explicadas aos nenos e ás nenas


Sabedes que, a partir de agora, os/as maiores de 6 anos temos que saír á rúa con máscaras. Adxunto esta historia social adaptada con pictogramas de ARASAAC explicando o uso das máscaras para evitar  contaxios. O material acompáñase cunha serie de fotografías das distintas máscaras e coa forma correcta-incorrecta de colocalas.

Preme aquí para entrar.




xoves, 21 de maio de 2020

“Hair Love”: un inspirador curto sobre amor propio e traballo en equipo

E hoxo invítovos a ver este curto. Non poderedes evitar emocionarvos con esta curtametraxe animada e gañadora do Óscar 2020. Unha emotiva historia onde un pai aprende como axudar á súa pequena filla.

Diversidade e aceptación, iso é o que ensina a obra creada polo director e escritor,  Matthew A.  Cherry. A curtametraxe “ Hair  Love”, cunha duración de menos de sete minutos, mostra como  Zuri –unha nena coa cabeza chea de rizos naturais– debe recorrer ás mans inexpertas do seu pai, Stephen, para obter axuda.

Un relato cargado de tenrura e sensibilidade que, aínda que parece sinxelo a primeira ollada, pon como protagonistas dous elementos inspiradores: unha nena  afroamericana que ama o seu cabelo  alborotado e unha familia onde o pai é unha luz positiva no coidado.


Lectura de palabras difíciles e pseudopalabras

Cando o noso alumnado se atopa con este tipo de palabras, dubidan, retroceden, realizan substitucións dunhas letras por outras ou directamente transfórmana noutra que para eles(as) ten máis sentido, isto pasa especialmente na lectura de textos. Este tipo de erros pode provocar graves problemas de comprensión en idades superiores.
Con esta ficha que vos comparto, tentaremos que o alumno, mediante unha lectura coidadosa, descifre o que pon nestas palabras e tente lelas correctamente. Colocáronse algúns erros en palabras máis usuais co fin de que poidan detectalos e xogar así a ser investigadores (este tipo de tarefa gústalles máis que a mera lectura sen un obxectivo extra).


Preme aquí para xogar a este xogo online de exactitude lectora.

mércores, 20 de maio de 2020

Imos xogar!!


Aquí atoparás moitos xogos moi especiais, deseñados especialmente para ti. Con eles serache máis sinxelo aprender a recoñecer e expresar as emocións e tamén aprenderás habilidades sociais!

Alumnado TEA.





martes, 19 de maio de 2020

JP-ABC Xogo interactivo

Xogos simples que buscan familiarizar ao alumnado cos animais, as letras, os números, os obxectos e demais. Mediante a emisión de sons e a súa relación coas letras e os debuxos búscase estimular a aprendizaxe dos nenos e das nenas.

Nivel educativo: Educación Infantil e Primaria