O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
domingo, 17 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
Crebacabezas
Este paquete de actividades consta de 40 actividades de crebacabezas para a exercitación mental.
Para xogar pica aquí
Comprensión lectora e orientación espacial
Hoxe tamén comparto con vós unha divertida actividade manipulativa na que traballaremos varios aspectos como a comprensión lectora e a orientación espacial. O obxectivo do exercicio é pegar na casiña correcta da cuadrícula, os debuxos que previamente debedes recortar; para iso debedes seguir unhas instrucións nas que se vos indican a posición exacta onde debedes colocar os adhesivos, contades coa axuda de figuras xeométricas para orientarse.
Para descargar preme aquí
Escritura creativa: inventamos un diálogo.
As tarefas de escritura creativa ademais de exercitar a lectoescritura, potencian a imaxinación e a creatividade dos(as) nenos(as). No seguinte exercicio hai que continuar unha serie de diálogos e para facilitar a tarefa acompáñase dunha ilustración que pode ser de axuda.
Para descargar as fichas preme aquí
xoves, 14 de maio de 2020
Descobre a palabra - Concencia fonémica e principio alfabético
Hoxe traballamos a conciencia fonémica e o principio alfabético co alumnado de Educación Infantil e tamén outros cursos inciais de Educación Primaria.
O obxecto é que se fixen nas boquiñas á hora de emitir un determinado son. Non imos incidir na intervención dos problemas de articulación, como dixen en outras ocasións, iso debémolo facer os/as profesionais con formación específica, nas nosas instalacións e cos recursos necesarios.
O obxecto é que se fixen nas boquiñas á hora de emitir un determinado son. Non imos incidir na intervención dos problemas de articulación, como dixen en outras ocasións, iso debémolo facer os/as profesionais con formación específica, nas nosas instalacións e cos recursos necesarios.
Para realizar esta actividade necesitamos as tarxetas das boquiletras (as que vemos nas imaxes), ofrecémolas nun formato que permitan facerse a dobre cara, é dicir, por unha banda só irá a boquiña, e polo outro lado a boquiña acompañada da letra. Deixo aquí as ligazóns para descargar:
1. Boquiletras maiúsculas preme aquí para descargar
2. Boquiletras minúsculas preme aquí para descargar
A actividade consiste en descubrir a palabra que se esconde na tarxeta, para iso o neno/a ten que identificar o son inicial de cada un dos pictogramas que aparecen. Unha vez identificado, colocará a tarxeta que corresponda co devandito son inicial, cando teña colocado todas as tarxetas poderá descubrir unha palabra.
Esta actividade podémola desenvolver de dúas formas, ben coa parte da tarxeta onde aparecen as letras acompañadas das boquiñas ou ben, só cos articulemas sen a letra, a elección dun formato ou outro dependerá do nivel do neno/a (podedes consultar á titoría). Do mesmo xeito, ofrécense as letras en maiúscula e en minúscula e dependerá novamente do nivel de adquisición do/a neno/a.
Xogo de descubre a palabra preme aquí para descargar
mércores, 13 de maio de 2020
Cadernos pequenos para aprender a realizar descricións
Cadernos pequenos para aprender a realizar descricións de persoas, animais, roupas e obxectos de forma pautada e estruturada e co apoio visual de pictogramas para que resulte máis sinxelo.
Con este tipo de actividades, traballamos a atención, a comprensión, o léxico, a semántica e o nivel pragmático da linguaxe. Adaptadas para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
Preme nas siguentes ligazóns para entrar:
10 bibliotecas virtuais infantís con centos de libros gratis para nenos/as
Internet alberga unha gran cantidade de sitios web educativos que fomentan o hábito da lectura e a aprendizaxe de maneira gratuíta. Como proba preséntovos esta lista de 10 bibliotecas infantís con moito contido audiovisual e lecturas dixitais para os/as máis pequenos/as da casa.
Para entrar nas bibliotecas clica aquí
Gozade destas lecturas en familia, e lembrade: a lectura é fonte de cultura!!
Disortografía
Actividades e recursos educativos para o tratamento da disortografía (un trastorno da linguaxe específico da escritura).
Preme aquí para entrar nas actividades.
martes, 12 de maio de 2020
Actividades de destrezas básicas sobre a auga
Material composto para traballar as destrezas básicas a partir de distintos centros de interese.
O obxectivo destas actividades é mellorar e reforzar a atención, a discriminación visual, a motricidad fina e a aprendizaxe de vocabulario.
Clica aquí para comenzar a actividade.
Palabras encadeadas
Aquí podedes DESCARGAR o material “Palabras encadeadas” en formato circular.
Con este material trabállase a conciencia fonolóxica en alumnos/ as de Educación Infantil ou Primaria de maneira lúdica.
Cada círculo contén 6 palabras que terán que colocar encadeando a última sílaba dunha palabra coa primeira da seguinte. Ao ter este formato poden empezar pola imaxe que prefiran. Mesmo se poden utilizar os debuxos para encadear todas as palabras posibles sen utilizar os roscos.
Ademais ten certa dificultade ao haber varias palabras que comezan coa mesma sílaba, debido a que segundo como as encadeen poida que quede algunha imaxe sen colocar.
Preme aquí para xogar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







