Desde o estudio de creación MOUmm (www.mou.gal)/Zumalab e
baixo o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
(programa Tece Redes en Galego), preséntannos o proxecto de
creación audiovisual CALCETÍS e PAXARÍNS, unha serie pensada específicamente para a difusión e valorización de variedades dialectais do galego.
Son dez episodios de
vídeos independentes, de catro minutos de duración cada un (10 x 4), que
acompañan a tres cativas e as súas familias, buscando as diferenzas na
fala das súas respectivas áreas lingüísticas, pertencentes aos tres
grandes complexos lingüísticos da fala galega. Así, son persoas de Baio
(Costa da Morte), Xermade (Terra Chá) e Folgoso (Courel) as encargadas
de establecer ese diálogo comparativo.
Búscase construir un
formato ameno e divertido de achegamento a esta riqueza lingüística da
que gozamos en todo o territorio galego, falando arredor de temas como o
magosto, flora, fauna, xogos, contos…
CALCETÍS e PAXARÍNS
foi concebida como material de apoio para clases de lingua galega, con
uso aberto para toda a comunidade educativa do país. A serie está
colgada no repositorio da secretaría de Política Lingüística