Desde o estudio de creación MOUmm (www.mou.gal)/Zumalab e baixo o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa Tece Redes en Galego), preséntannos o proxecto de creación audiovisual CALCETÍS e PAXARÍNS, unha serie pensada específicamente para a difusión e valorización de variedades dialectais do galego.
Son dez episodios de vídeos independentes, de catro minutos de duración cada un (10 x 4), que acompañan a tres cativas e as súas familias, buscando as diferenzas na fala das súas respectivas áreas lingüísticas, pertencentes aos tres grandes complexos lingüísticos da fala galega. Así, son persoas de Baio (Costa da Morte), Xermade (Terra Chá) e Folgoso (Courel) as encargadas de establecer ese diálogo comparativo.
Búscase construir un formato ameno e divertido de achegamento a esta riqueza lingüística da que gozamos en todo o territorio galego, falando arredor de temas como o magosto, flora, fauna, xogos, contos…
CALCETÍS e PAXARÍNS foi concebida como material de apoio para clases de lingua galega, con uso aberto para toda a comunidade educativa do país. A serie está colgada no repositorio da secretaría de Política Lingüística
Ningún comentario:
Publicar un comentario