O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 15 de febreiro de 2022

Actividades para traballar a figura de Rosalía de Castro

Material elaborado por diferentes centros escolares para celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía.

Este material é o seguinte:

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato PDF (Arquivo adxunto)

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.






-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:


-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Trastorno dos Sons da Fala (TSH)

Sodes moit@s @s nais e pais que mostrades preocupación polos problemas articulatorios d@s vos@s fill@s. Situación por unha banda normal, pero que debemos levar con tino, xa que é a afección da fala máis frecuente na infancia, de pronóstico favorable na maioría dos casos, logo da realización dun tratamento logopédico oportuno.

Actualmente, o Trastorno dos Sons do Fala (TSH) é a alteración máis frecuente coa que nos podemos atopar nas nosas aulas.   Anteriormente, a este trastorno coñecíaselle como “Dislalia, Trastorno da articulación ou trastorno fonolóxico”. Podemos diferenciar segundo os síntomas do TSH  alteracións fonéticas, fonolóxicas ou ambas.

Para corrixir estes defectos do fala, @ logopeda (nos centros escolares @ mestr@ de audición e linguaxe) ensinará a posición correcta dos órganos.

Nalgúns casos só fará falta dar unhas pautas aos pais e ás nais para axudal@, noutros, con poucas sesións, poderá solucionalo e, en casos máis complicados colleremos a tempo o caso e a súa evolución será máis sinxela.

En todo caso, o traballo de estimulación na casa será un verdadeiro complemento, sempre que sexa coordinado cun profesional.

 

 

saposyprincesas 

 educayaprende

 21cuentos

espla.es