O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 14 de maio de 2020

Descobre a palabra - Concencia fonémica e principio alfabético


Hoxe traballamos a conciencia  fonémica e o principio alfabético co alumnado de Educación Infantil e tamén outros cursos inciais de Educación Primaria.  

O obxecto é que se fixen nas boquiñas á hora de emitir un determinado son. Non imos incidir na intervención dos problemas de articulación, como dixen en outras ocasións, iso debémolo facer os/as profesionais con formación específica, nas nosas instalacións e cos recursos necesarios.

Para realizar esta actividade necesitamos as tarxetas das  boquiletras (as que vemos nas imaxes), ofrecémolas nun formato que permitan facerse a dobre cara, é dicir, por unha banda só irá a  boquiña, e polo outro lado a  boquiña  acompañada da letra. Deixo aquí as ligazóns para descargar:

1.  Boquiletras maiúsculas preme aquí para descargar

2.  Boquiletras minúsculas preme aquí para descargar

A actividade consiste en descubrir a palabra que se esconde na tarxeta, para iso o neno/a ten que identificar o son inicial de cada un dos  pictogramas que aparecen. Unha vez identificado, colocará a tarxeta que corresponda co devandito son inicial, cando  teña colocado todas as tarxetas poderá descubrir unha palabra. 

Esta actividade podémola desenvolver de dúas formas, ben coa parte da tarxeta onde aparecen as letras acompañadas das  boquiñas ou ben, só cos  articulemas sen a letra, a elección dun formato ou outro dependerá do nivel do neno/a (podedes consultar á titoría). Do mesmo xeito, ofrécense as letras en maiúscula e en minúscula e dependerá novamente do nivel de adquisición do/a neno/a.

Xogo de descubre a palabra preme aquí para descargar


mércores, 13 de maio de 2020

Cadernos pequenos para aprender a realizar descricións

Cadernos pequenos para aprender a realizar descricións de persoas, animais, roupas e obxectos de forma  pautada e estruturada e co apoio visual de  pictogramas para que resulte máis sinxelo.

Con este tipo de actividades, traballamos a atención, a comprensión, o léxico, a  semántica e o nivel pragmático da linguaxe. Adaptadas para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Preme nas siguentes ligazóns para entrar:






10 bibliotecas virtuais infantís con centos de libros gratis para nenos/as

Internet alberga unha gran cantidade de sitios web educativos que fomentan o hábito da lectura e a aprendizaxe de maneira gratuíta. Como proba preséntovos esta lista de 10 bibliotecas infantís con moito contido audiovisual e lecturas dixitais para os/as máis pequenos/as da casa.

Para entrar nas bibliotecas clica aquí

Gozade destas lecturas en familia, e lembrade: a lectura é fonte de cultura!!


Disortografía

Actividades e recursos educativos para o tratamento da disortografía (un trastorno da linguaxe específico da escritura). 

Preme aquí para entrar nas actividades.





martes, 12 de maio de 2020

Actividades de destrezas básicas sobre a auga

Material composto para traballar as destrezas básicas a partir de distintos centros de interese. 

O obxectivo destas actividades é mellorar e reforzar a atención, a discriminación visual, a  motricidad fina e a aprendizaxe de vocabulario.

Clica aquí para comenzar a actividade.


Palabras encadeadas

Aquí podedes DESCARGAR o material “Palabras encadeadas” en formato circular.

Con este material trabállase a conciencia  fonolóxica en alumnos/ as de Educación Infantil ou Primaria de maneira lúdica.

Cada círculo contén 6 palabras que terán que colocar encadeando a última  sílaba dunha palabra coa primeira da seguinte. Ao ter este formato poden empezar pola imaxe que prefiran. Mesmo se poden utilizar os debuxos para encadear todas as palabras posibles sen utilizar os  roscos.

Ademais ten certa dificultade ao haber varias palabras que comezan coa mesma  sílaba, debido a que segundo como as encadeen poida que quede algunha imaxe sen colocar.

Preme aquí para xogar


luns, 11 de maio de 2020

Cadernos de desenvolvemento emocional en familia


Nestes  cadernos  propóñense  unha serie de actividades para realizar en familia que  axudarán a  xestionar ou tempo de  maneira  produtiva.  As actividades  propostas están  deseñadas para toda a familia.

Un gran  traballo que nos facilita o Departamento de Orientación San José a través  do  seu  blogue.

Poderedes  traballar  as  emocións, a atención, lectura,  curtos... Un material  moi  aproveitable. 

Caderno conZENtrate Educación Infantil









Xogo da ruleta - Praxias orofaciais (MOL-NV)


Presentación interactiva con dous xogos da ruleta para traballar as  praxias  orofaciais. 

Para xogar, seleccionamos unha das dúas ruletas, pulsamos no botón para que comece a dar e voltas e volvemos pulsar para parala e realizar a acción que aparece.

Practica xogando!! pica aquí 
(terás que descargalo en formato pptx e logo premer en "presentación de diapositivas")


FONOTIC

Adxunto o programa FONOTIC que é unha aplicación adicada ao traballo das tres dimensións da linguaxe na súa fase do desenvolvemento: fonoloxía-fonética, morfosintaxe, vocabulario e "uso" da linguaxe. Axeitado para 6º curso de educación infantil e 1º curso de educación primaria.

Preme aquí para entrar (unha vez dentro da ligazón, non é necesario que o descarguedes, picade en "visualizar")




domingo, 10 de maio de 2020