O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
mércores, 3 de abril de 2024
venres, 15 de marzo de 2024
xoves, 7 de marzo de 2024
Asociación fonema-grafema
Materiais interactivos para traballar a asociación fonema-grafema e así desenvolver a conciencia fonémica e o principio alfabético.
Os obxectivos destes materiais son asociar un articulema co seu correspondente son e asociar un fonema coa súa representación escrita como base da lectoescritura.
Autores:
Patricia González Núñez
María Jesús Fernández Vermellas
Irene Ocaña Castillo
Comunicar-nos
martes, 5 de marzo de 2024
TDL vs Dislexia
Que é a Dislexia?
A dislexia afecta principalmente a aprendizaxe da lectura. Os alumnos e alumnas con dislexia adoitan ter dificultade para ler con fluidez e sen cometer erros. Ademais, tamén poden ter outras dificultades na compresión lectora, a ortografía e a escritura. Con todo, estas dificultades non están relacionadas coa intelixencia do menor.
Que é o Trastorno do Desenvolvemento da Linguaxe (TDL)?
O Trastorno do Desenvolvemto da Linguaxe, é un trastorno non asociado a condición médica. Considerao Catalise, Bishop (2016, 2017) un trastorno con ampla hetereoxeneidade, e propón eliminar clasificación de subtipos, e suxírese indicar áreas afectadas: por exemplo: TDL con afectación en área comprensiva e/o expresiva.

No referente ás diferenzas entre ambos os trastornos, destacamos dous aspectos fundamentais:
- Déficit fonológico vs déficit multidimensional da linguaxe Os/as menores con dislexia presentan un déficit fonolóxico que afecta principalmente á capacidade para manipular os sons, afectando así á súa capacidade para adquirir o principio alfabético, ademais de presentar dificultade para almacenar e evocar palabras. É por iso que poden presentar un rendemento baixo en tarefas de conciencia fonética e na repetición de palabras. Pola súa banda, os/as menores con trastorno específico da linguaxe poden ver afectadas diferentes dimensións da linguaxe, e mesmo da fonoloxía. É dicir, poden presentar dificultades no coñecemento semántico, a morfoloxía, a sintaxe ou o uso da linguaxe.
- Adquisición e aprendizaxe.Outra das principais diferenzas entre ambos trastornos é a súa forma de adquisición. Mentres a linguaxe na súa forma oral adquírese de forma natural, aprender a ler non é natural e é necesario un ensino.
Fonte: https://educainclusion.com/
Enlaces de Interese:
https://blog.mentelex.com/dislexia-trastorno-del-lenguaje/
https://www.orientacionandujar.es/2023/01/19/infografia-diferencia-entre-dislexia-trastorno-del-desarrollo-del-lenguaje/
https://www.elpupitredepilu.com/2016/04/11/actividades-para-trabajar-con-ninos-con-trastorno-especifico-del-lenguaje-t-e-l/
https://delaevidenciaalaula.wordpress.com/2019/07/27/dislexia-y-tel-cual-es-la-relacion-entre-ambos/
xoves, 29 de febreiro de 2024
Trastorno Específico da Aprendizaxe
Como xa dixemos noutras ocasións a dislexia é un trastorno específico e persistente da aprendizaxe que se caracteriza por dificultades na adquisición da linguaxe escrita, principalmente na exactitude e fluidez lectora e escritora.
mércores, 28 de febreiro de 2024
Trabadas
A pronuncia das sílabas trabadas adoitan presentar dificultades nos nenos; esta dificultade acentúase aínda máis no caso dos alumnos que presenten ou poidan presentar problemas lectoescritores.
Fonte e enlace: aulapt.org
mércores, 21 de febreiro de 2024
Vocabulario básico
Actividades interactivas sobre vocabulario básico en Educación Infantil.
Autoría: iLenguaje.com
luns, 19 de febreiro de 2024
A estimulación cognitiva
A estimulación cognitiva podemos realizala a través de distintos xogos, exercicios ou prácticas cotiás, por exemplo:
- A lectura
- Realizar actividades motoras
- Facer exercicio
- Estimular a memoria
- Estimular a atención
- Contar historias e contos
Neste apartado quixera destacar:
1.- A atención é un dos procesos cognitivos básicos que nos permite acceder ao coñecemento, procesar información e realizar calquera actividade. Hai distintos tipos de atención pero o importante é que a mesma pode estimularse ou ben, exercitarse.
2.- A memoria pola súa banda, é a capacidade cognitiva de procesar, almacenar e recuperar a información. É de capacidade limitada e hai distintos tipo de memoria como ser a Memoria Sensorial, Memoria a curto prazo e a Memoria a longo prazo.






