O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 11 de setembro de 2023

Empezamos!!

O tempo voa e xa estamos aquí novamente. 

Novo curso, novas ilusión e gañas de empezar a traballar para acadar os obxectivos propostos.

Benvid@s a esta nova aventura. 


 

luns, 19 de xuño de 2023

Merecidas vacacións.

Corren as semanas, os meses.... e xa chegamos ás esperadas e merecidas vacacións de verán.
Agora toca gozar e vivir o día a día con alegría.
Feliz verán. 


 

martes, 16 de maio de 2023

Conciencia Fonológica & Principio Alfabético

A conciencia fonológica (CA) refírese á capacidade de recoñecer e manipular os sons da linguaxe falada. Inclúe habilidades como a identificación de rimas, segmentación de palabras en sílabas e a identificación dos sons individuais (fonemas que coponten as palabras). A conciencia fonológica é unha habilidade crave para aprender a ler e escribir, xa que permite aos nenos e ás nenas recoñecer e entender como se combinan os sons para formar palabras. 

O principio alfabético (PA), refírese ao coñecemento de que as letras do alfabeto representan o sons da linguaxe falada. Os nenos e as nenas comprenden o PA cando entenden esta relación e utilízana para aprender a ler e escribir. Por exemplo, se saben que a letra "b" representa  ao son /b/, pode utilizar esa información para ler e escribir como "burricán" ou "bebé".

En resumo, a CF refírese á capacidade de manipular e comprender os sons da linguaxe falada, mentres que o PA refírese ao conoocimiento de que as letras representan os sons da linguaxe falada.


Fonte: Amalpa

xoves, 11 de maio de 2023

Traballamos a linguaxe escrita

En ocasións atopámonos con alumnado que ten a dificultade  de poder construír un discurso escrito aplicando a normativa ortográfica correcta. Nestes escenarios, o alumnado pode ter certa dificultade de aprendizaxe sen necesidade de presentar problemas na lectura.