O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 5 de maio de 2023

Lectoescritura

A adquisición da lectura e a escritura, son procesos que se aprenden de forma dinámica e construtiva. Ambos os procesos requiren ter adquiridas certas habilidades psicolóxicas básicas, así como destrezas cognitivas e unha adecuada construción do pensamento: como son a observación reflexiva, a identificación, a comparación, resolución de problemas, a análise, a xeneralización, habilidades motrices concretas, a formulación de hipótese e regras, a clasificación. Así é como aprenden os nenos e as nenas para ler e escribir.
 
 Alfabeto con Mono Japi

Ruta Maya Alfabeto

 

Conceptos Básicos

Os xogos de conceptos básicos para nenos e nenas en idades temperás, permitiranlles adquirir competencias e ampliar conceptos primordiais para o día a día. Os xogos de habilidades reforzan de maneira positiva a aprendizaxe diaria e reforzan as habilidades que terán que empregar no colexio. Mentres se divirten cos xogos de habilidade en liña, poderán gozar de diversas alternativas de xogos de conceptos básicos adaptadas á súa idade e necesidades.
 

 

xoves, 4 de maio de 2023

Á voltas co rotacismo

O fonema /r/ é unha das letras mais díficiles de adquirir e por tanto, unha das últimas que os nenos aprenden a pronunciar correctamente. Á dislalia na que o alumnado non é capaz de articular o son do erre en todas as súas variantes coñéceselle como rotacismo. É algo pasaxeiro e hoxe coñecémolo como un trastorno dos sons do fala. 

 

 

xoves, 20 de abril de 2023

Estimulación da linguaxe

A estimulación da linguaxe é un conxunto de técnicas e estratexias de interacción utilizadas para lograr a comunicación dos nenos e nenas coa súa contorna. Así mesmo, é un elemento vital para o desenvolvemento cognitivo dos menores, xa que forma a súa capacidade de pensar en como comunicarse.

Fonte: iLenguaje.com


xoves, 30 de marzo de 2023

Recursos educativos online

Na web de Xataka seleccionan aplicacións, recursos, servizos e contidos para diferentes niveis co obxectivo de que, os pais e nais dispoñades dun apoio e complemento ao alcance da man.  


 

luns, 13 de marzo de 2023

Habilidades sociais


A competencia social permite ao neno e á nena vivir en harmonía con quen lle rodea e gozar dunha vida emocionalmente sa. Saber relacionarse adecuadamente sen pelexar, discutir ou renderse a diario, é algo que o neno aprende na familia ou a escola mediante a imitación, ou por proba e erro. As habilidades sociais en nenos melloran o seu benestar emocional; diminúen o estrés e a ansiedade ante certas situacións sociais; e fomentan e melloran a súa autoestima.

Obxectivos de habilidades sociais a desenvolver:

  • Habilidades básicas de interacción social 
  • Habilidades conversacionais
  • Habilidades relacionadas cos sentimentos e emocións 
  • Habilidades de solución de problemas interpersoais