O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 9 de setembro de 2021

Praxias (MOL-NV)

 
 
Ás veces se temos problemas para articular correctamente un son, dinnos que é porque non realiza correctamente as praxias. Iso está moi ben pero..., que son as  praxias?

Antes de aclarar este termo, lémbrovos que é moi importante ter unha axilidade e coordinación de movementos moi precisa para falar correctamente.

E iso é precisamente o que son as  praxias: movementos organizados, de maior ou menor dificultade, que se fan para alcanzar un obxectivo (neste caso, pronunciar correctamente as diferentes fonemas).

Debido a que na boca non só se realizan actividades relativas ao fala, hai que ter en conta que a realización máis ou menos dificultosa dos movementos poderían involucrar ao sopro, a alimentación...

Os exercicios máis comúns que se realizan cando un neno ou nena ten algún tipo de dificultade na realización das  praxias, adoitan englobar movementos que inclúen os beizos, a lingua, os músculos próximos á boca, a mandíbula ou o veo do padal.

Ademais, como sempre dicimos, cada persoa é un mundo, e non poden realizar os mesmos movementos á mesma idade.
 

 

mércores, 8 de setembro de 2021

Comenzamos!!

Chega o inicio dun novo curso, despois dun verán que seguramente se fixo curto, pero que estou seguro que gozariades ao máximo. 
Agora toca cambiar o chip e comezar esta nova etapa formativa nuns meses que aínda estarán marcados polas restricións derivadas da pandemia. 
Así que moito ánimo e sorte para este curso 2020-2021.
 

 

martes, 29 de xuño de 2021

Feliz Verán

Chegan as ansiadas vacacións. Despois dun curso especial, xa estamos a gozar dese merecido descanso. Quero felicitar a todos os alumnos e ás alumnas polo seu exemplo de solidariedade cos demais, cumprindo as normas impostas pola ditosa pandemia dándonos unha lección de responsabilidade. Non quero esquecerme das familias, que o fixestes de dez, e aos meus compañeiros e as miñas compañeiras que estiveron ao cento por cento en cada momento a pesar da situación tan complicada que vivimos. 
Por todo iso, as miñas máis sinceras Grazas a todos e a todas. 
 
 
 
Feliz Verán!!!😎😎