O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
xoves, 16 de setembro de 2021
luns, 13 de setembro de 2021
xoves, 9 de setembro de 2021
Praxias (MOL-NV)
Ás veces se temos problemas para articular correctamente un
son, dinnos que é porque non realiza correctamente as praxias. Iso está
moi ben pero..., que son as praxias?
Antes de aclarar este termo, lémbrovos que é moi importante ter unha axilidade e coordinación de movementos moi precisa para falar correctamente.
E iso é precisamente o que son as praxias: movementos organizados, de maior ou menor dificultade, que se fan para alcanzar un obxectivo (neste caso, pronunciar correctamente as diferentes fonemas).
Debido a que na boca non só se realizan actividades relativas ao fala, hai que ter en conta que a realización máis ou menos dificultosa dos movementos poderían involucrar ao sopro, a alimentación...
Os exercicios máis comúns que se realizan cando un neno ou nena ten algún tipo de dificultade na realización das praxias, adoitan englobar movementos que inclúen os beizos, a lingua, os músculos próximos á boca, a mandíbula ou o veo do padal.
Ademais, como sempre dicimos, cada persoa é un mundo, e non poden realizar os mesmos movementos á mesma idade.

mércores, 8 de setembro de 2021
Comenzamos!!
Chega o inicio dun novo curso, despois dun verán que seguramente se fixo curto, pero que estou seguro que gozariades ao máximo.
Agora toca cambiar o chip e comezar esta nova etapa formativa nuns meses que aínda estarán marcados polas restricións derivadas da pandemia.
Así que moito ánimo e sorte para este curso 2020-2021.
martes, 29 de xuño de 2021
Feliz Verán
Chegan as ansiadas vacacións. Despois dun curso especial, xa estamos a gozar dese merecido descanso.
Quero felicitar a todos os alumnos e ás alumnas polo seu exemplo de solidariedade cos demais, cumprindo as normas impostas pola ditosa pandemia dándonos unha lección de responsabilidade.
Non quero esquecerme das familias, que o fixestes de dez, e aos meus compañeiros e as miñas compañeiras que estiveron ao cento por cento en cada momento a pesar da situación tan complicada que vivimos.
Por todo iso, as miñas máis sinceras Grazas a todos e a todas.
Feliz Verán!!!😎😎
xoves, 10 de xuño de 2021
mércores, 9 de xuño de 2021
venres, 4 de xuño de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)