O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 29 de xuño de 2021

Feliz Verán

Chegan as ansiadas vacacións. Despois dun curso especial, xa estamos a gozar dese merecido descanso. Quero felicitar a todos os alumnos e ás alumnas polo seu exemplo de solidariedade cos demais, cumprindo as normas impostas pola ditosa pandemia dándonos unha lección de responsabilidade. Non quero esquecerme das familias, que o fixestes de dez, e aos meus compañeiros e as miñas compañeiras que estiveron ao cento por cento en cada momento a pesar da situación tan complicada que vivimos. 
Por todo iso, as miñas máis sinceras Grazas a todos e a todas. 
 
 
 
Feliz Verán!!!😎😎
 

 

venres, 21 de maio de 2021

Conciencia fonolóxica

As persoas adoitan pensar que aprender a ler comeza con aprender a pronunciar as letras. Pero a maioría dos nenos e das nenas  de idades temperáns están a prepararse para ler moito antes de entender que as letras representan sons. Empezan por adquirir unha habilidade da linguaxe chamada conciencia  fonolóxica.

A conciencia  fonolóxica é a base da lectura. Permite que as persoas recoñezan e utilicen os sons da linguaxe falada. Isto inclúe:

  •     Escoller palabras que  riman.
  •     Contar o número de  sílabas que ten unha palabra.
  •    Recoñecer a repetición de sons (“Tres tristes tigres tragaban trigo nun  trigal”).

Os preescolares adoitan incluír este tipo de xogo da linguaxe, cancións, rimas e historias nas súas actividades diarias. Co tempo, os nenos e as  nenas empezan a inventar as súas propias rimas e a separar as palabras en  sílabas ou sons individuais.

A maioría dos nenos e das nenas  adquiren a conciencia  fonolóxica de forma natural. Con todo, ter dificultade con esta habilidade pode ser un sinal dun problema coa lectura como a  dislexia. Os nenos que teñen  dislexia poden necesita axuda adicional para aprender a recoñecer e usar os sons das palabras.

xoves, 20 de maio de 2021

Actividades de sopro

Soprar axuda no desenvolvemento da linguaxe, exercitando os músculos que interveñen no fala, especialmente os das fazulas. O sopro ademais mellora a pronuncia e axuda a consolidar os fonemas. 

Agora que se achega tempo de lecer nestes meses de verán, podedes facer actividades tan sinxelas e divertidas como as que se amosan neste titorial de youtube.