Imos a xogar a facer palabras a partir destes grupos de letras.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
martes, 8 de decembro de 2020
luns, 7 de decembro de 2020
Inferencias verbais
Recurso para traballar a comprensión e a expresión da linguaxe
Inferir significa establecer relacións lóxicas, comprender conceptos abstractos, interpretar a información que nos proporciona textual ou visual e razoar a partir de nosa propia experiencia.
Estar tarxetas pódennos axudar a interpretar as inferencias verbais en situacións cotiás.
Como utilizamos estes recursos?
– Ler a situación ou contexto que nos propoñen.
– Elixe unha das tres opcións.
Campos semánticos interactivos
Presentación interactiva para clasificar vocabulario en campos interactivos. Na presentación van aparecendo distintos animais e o/a alumno/a debe pulsar no lugar correspondente, atendendo á categoría á que pertence.
Autor: Francisco Vera
domingo, 6 de decembro de 2020
Inversión de grafemas ou escritura en espello. Diferenciación b/d/ p/ q
Aínda que a escritura en espello adoita asociarse á dislexia ou dificultades na percepción visual, tamén é frecuente atopala nos nenos que están a iniciar o proceso de aprendizaxe da lecto-escritura.
Esta inversión pode ser de esquerda a dereita como se observaría en b e d, ou p e q.
Nestas tarxetas, o alumno deberá elixir o grafema correcto para completar a palabra.
domingo, 29 de novembro de 2020
Coñece o galego
Nos seguintes enlaces atoparedes varias unidades didácticas dentro do proxecto “Coñece o galego”.
Xogos de lectura
Actividades de iniciación á lectoescritura: vocabulario, ordenar palabras, separar palabras en sílabas, a concordancia, etc. Nivel educativo: 1º e 2º de EP.
sábado, 28 de novembro de 2020
xoves, 26 de novembro de 2020
Disortografía (Actividades)
A disortografía é un trastorno que se manifesta na dificultade para escribir as palabras de maneira ortográficamente adecuada. A disortografía diferénciase da disgrafía en que os erros que a definen en ningún caso son de tipo grafomotor, aínda que o suxeito poida ter ademais unha problemática grafomotora implicada.











