O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
luns, 23 de novembro de 2020
Caderno ortográfico
Caderno pequeno composto por 70 páxinas onde podedes atopar:
- Oca Ortográfica da G e a J
- Oca Ortográfica da H
- Taboleiro da B e o V
- Taboleiro da LL e a E
- Oca ortográfica repaso xeral
Conciencia silábica
Comparto con vós unhas tarxetas para traballar os 5 dígrafo utilizando vocabulario de outono. Traballo realizado por Vanessa Cuesta Nares (Ver para crear juntos).
Cada tarxeta inclúe unha rúbrica de autoavaliación na que o alumno poderá facer un seguimento persoal do seu traballo:
– Ordeno as sílabas
– Escribo a palabra
Os dígrafos atópanse resaltados en cor para favorecer a súa aprendizaxe
xoves, 19 de novembro de 2020
Actividades para traballar a conciencia fonolóxica
A conciencia fonolóxica é unha habilidade lingüística que nos permite identificar e utilizar os distintos sons que constitúen a linguaxe humana, como os fonemas e as sílabas.
En xeral, a intervención en Conciencia Fonolóxica vai mellorar as habilidades para representar, identificar, manipular e operar cos sons da linguaxe, polo que vai repercutir de maneira directa na aprendizaxe da lectoescritura, outorgándolle ao alumnado unha ferramenta esencial para comprender e aprender a estrutura da linguaxe escrita.
domingo, 15 de novembro de 2020
Conciencia silábica
Actividade interactiva para traballar a conciencia silábica na que deben ordenar as sílabas para obter a palabra que aparece no pictograma.
A presentación consta de tres niveis diferentes de dificultade, segundo se a palabra é trisílaba, cuatrisílaba ou pentasílaba.
Recoméndase activar o son para poder recibir o feedback auditivo da palabra e do progreso.
Autora: Rocío Hernández
Lectura global
Lectura Global con alumnos con TEA é un material que nos remite Raquel Martín Quitián e que nos parece moi interesante para compartir con todos vós.
xoves, 12 de novembro de 2020
Facemos descricións
Nesta actividade describimos a persoas
E tamén describimos a animais
mércores, 11 de novembro de 2020
domingo, 8 de novembro de 2020
Escritura creativa a partir de imaxes reais.
Unha das estratexias para mellorar a expresión escrita, é a través da escritura creativa. Actividades de lingua como a que vos traemos a continuación non só fomenta a habilidade lingüística senón que ademais axuda a desenvolver a escritura e a creatividade nos nosos alumnos e nas nosas alumnas.








