
Identificar emociones
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
Ás veces atopámonos cunha unha dificultade para a comprensión de textos escritos, así como para distinguir ou memorizar letras ou grupos de letras, entre outros problemas. Non é unha discapacidade intelectual. Considérase unha das dificultades específicas da aprendizaxe, xunto con outras que afectan fundamentalmente á comprensión oral e escrita da linguaxe.
Material manipulativo para traballar as onomatopeyas relacionadas con accións, animais e sons do corpo humano e as letras.
Clica para a ruleta das letras
Presentación interactiva para traballar o razoamento lóxico elixindo á persoa que debemos chamar nunha situación de emerxencia.
A comprensión lectora é a capacidade para entender o que se le, atendendo á comprensión global do texto e tamén á comprensión das palabras.
Cando lemos activamos a capacidade de comprender, é dicir aprender as ideas relevantes dun texto e relacionalas cos conceptos que xa teñen un significado para o lector.
O texto escrito hoxe en día, alcanzou unha enorme importancia (prensa, anuncios, mensaxes instantáneas, contorna laboral, etc.), nalgúns casos concretos chega a desprazar á linguaxe oral, como ocorre cos novos smartphones e todas as súas utilidades de mensaxería.
Clica para entrar na web de mundoprimaria e acceder aos diferentes textos agrupados por niveis.
Unha vez máis a través do portal de Arasaac atopamos un material moi atractivo para traballar deferentes aspectos. Nesta ocasión, mediante taboeiros con pictogramas e emoticonos interpretaremos diferentes emocións e estados de ánimo.