O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
sábado, 26 de setembro de 2020
Material TEACCH - Relaciona as árbores e os/as froitos/as do outono
Material manipulativo tipo TEACCH para traballar a asociación das árbores e os froitos/as do outono de forma autónoma, grazas ás claves de cor.
As imaxes que forman parella teñen no bordo o mesmo cor. Ademais o froito/a aparece en pequeno na imaxe da árbore correspondente co cal o/a alumno/a non terá ningunha dificultade en utilizar este material.
Clica aquí para acceder os materiais
O outono: actividades e recortables
venres, 25 de setembro de 2020
xoves, 24 de setembro de 2020
Tarxetas para relacionar e categorizar
A estimulación cognitiva é o nome que se lle dá a todas as accións e estratexias que permiten o desenvolvemento, estimulación e mellora das funcións cognitivas dos nenos. Nesta ocasión, imos traballar con tarxetas cuxo é obxectivo é relacionar e categorizar unha serie de conceptos.
Fichas para traballar sobre o Covid-19 - Coronavirus
Presentación e documento con fichas para traballar diferentes contidos e actividades relacionados co Covid-19 ou Coronavirus.
Este material pódese traballar de maneira complementaria a través dun vídeo educativo sobre conceptos e as novas normas a adoptar #ante o Coronavirus.
luns, 21 de setembro de 2020
Estimulación cognitiva
Fichas destinadas á estimulación cognitiva do alumnado, principalmente, no referente a atención e razoamento.
Trátase de 12 fichas agrupadas en tres categorías de acción: unir iguais, relacionar obxecto-uso, e localizar elementos concretos. Trátase dunha serie de fichas que axudan na estimulación da atención e o razoamento.
Este tipo de actividades axudan na execución autónoma do exercicio a través da escritura do enunciado en maiúscula, os apoios visuais, e o exemplo.
venres, 18 de setembro de 2020
Asociación imaxe – texto
Os exercicios nos que traballamos a asociación imaxe – texto poden ser un bo recurso para exercitar a comprensión lectora, ademais podémolo converter nun xogo se o expomos como unha serie de adiviñas na que o alumnado debe pescudar de que animal se trata e emparellalo co seu debuxo.
Introducir debuxos ou imaxes en tarefas que están destinadas a traballar a comprensión lectora facilita a súa realización e motiva ao alumnos ao desempeño destas actividades.





