O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 23 de xuño de 2020

Repasamos a ortografía

A importancia da correcta escritura en nenos e nenas de Educación Primaria é fundamental para unha axeitada expresión escrita, polo que é un arduo labor. Con todo é necesario que se vaian formando con algúns conceptos claro, por iso comparto este material en PDF que contén mais de 290 ditados, para que repasedes nalgún momento destas vacacións.





Actividades de repaso Lingua Castelá

Neste apartado tedes estes  fantásticos xogos para repasar a área de Lingua Castelá.

Pica para entrar



luns, 22 de xuño de 2020

Cadernos pequenos de repaso descargables para todos os cursos de Educación Primaria

A editorial "A Calesa" fixo un compendio de páxinas, contidos e exercicios especialmente interesantes das súas coleccións de Educación Primaria e Secundaria, referentes a ortografía, lectura comprensiva.... Organizounos todo nuns fantásticos cadernos de repaso e tarefas clasificados por cursos e puxéronos de forma gratuíta ao dispor de todos/as os/as docentes, familias e nenos e nenas en xeral.






Xogos de mesa para aprender ortografía e vocabulario

Agora, nesta etapa de vacacións, achegareivos  deferentes ligazóns para dar ideas de posibilidades de traballo no verán. Uns minutos semanais de repaso e reforzo sempre son positivos.

A través de cartas, sopas de letras e fichas o alumnado pode practicar as regras xerais de ortografía e utilizar a linguaxe dunha forma adecuada.


 

venres, 19 de xuño de 2020

Actividades varias

Material para traballar a atención, a memoria, a discriminación visual, a orientación espacial, as cores e o vocabulario a partir de catro actividades baseadas nun quebracabezas dunha marca coñecida:
- Buscar os iguais.
- Identificar as cores.
- Buscar o animal parecido.
- Clasificar atendendo a un criterio.



Presentación interactiva para traballar as funcións executivas, a aprendizaxe de vocabulario e o razoamento lóxico, a partir da presentación de distintas situacións cotiás na que debemos tomar unha decisión e seleccionar o elemento que deberiamos utilizar para resolvela.





Chega o verán!!!

Mozos e mozas, familias, compañeiros e compañeiras, chegamos ao día 19 de xuño, esa data tan esperada que nos introduce nas vacacións de verán. Despois dun curso atípico polas circunstancias que vivimos nestes case cen días, agora toca descansar, coidarse e gozar moito ata o próximo 10 de setembro, data prevista para o comezo do novo curso. 
Vémonos en oitenta e dous días!!!! 
Felices vacacións!!!


xoves, 18 de xuño de 2020

Caderno pequeno de ditado con pictogramas

Material elaborado para traballar a atención, a memoria, a correcta estruturación de frases de forma oral/escrita en tres niveis diferentes.
O material consta de  pictogramas para elixir, organizados por cores:  o suxeito  (cor verde), o verbo (cor vermello) e os complementos (cor amarelo).
No nivel inicial, os  pictogramas deben colocarse na casiña correspondente de cada cor, tras oír a frase de forma oral ou picando no altofalante se traballamos de forma interactiva. No nivel medio, despois de colocar os  pictogramas, deben ordenar a frase que se atopa desordenada e no nivel avanzado escribila eles sen apoio.
Ao final do documento, anéxanse diferentes ligazóns para traballar de forma interactiva.



Contos infantís que fomentan as emocións positivas

O respeto cara aos demais, a empatía, o entendemento ou o coidado das amizades pódese fomentar a través dos seguintes contos, que mostran aos nenos e ás nenas a importancia de recoñecer e xestionar as emocións positivas.

Agora que chegan as vacacións de verán, que mellor que seguir leendo un pedaciño cada día.

Ligazón ás recomendacións de lectura.




luns, 15 de xuño de 2020

A miña localidade

Neste proxecto imos ver principalmente os comercios aparecen na nosa localidade, o que compramos e quen nolo vende, así como outros servizos que nos ofrece o lugar onde vivimos. Tamén debemos ter coidado e respectar os sinais de tráfico que nos atopemos na rúa.

Pica para xogar


Conciencia silábica - Descompoñemos palabras en sílabas

Material para traballar a conciencia silábica a partir da descomposición de palabras en  sílabas. No material, trabállanse palabras  bisílabas e  trisílabas.