O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 5 de xuño de 2020

Material TEACCH - Soan igual

Material  manipulativo para traballar a conciencia  fonolóxica emparellando as palabras que rima e asentando as bases para a  prelectura.

Pica neste ligazón

Conto TEACCH - Quen anda aí?

Conto  manipulativo tipo TEACCH no que os nenos e nenas terán que identificar os sons dos diferentes animais e colocar a estes no seu lugar correspondente, empregando como eixo condutor a bruxa  Catuxa, unha bruxa, que enfadada por non poder ver unha paisaxe que lle tapa unha gata, lanza un feitizo aos animais facendo que estes desaparezan.

Preme para acceder ao conto

Ligazón videoconto



xoves, 4 de xuño de 2020

Ortografía interactiva

Xogo para repasar regras ortográficas, ideal para cursos superiores de Educación Primaria.

Preme aquí para xogar.


Sinfóns e sílabas mixtas

Nesta actividade traballaremos de forma exhaustiva a discriminación de  sinfóns e  sílabas mixtas de forma oral e escrita. Entre as actividades incluídas, destacan:
- Exercicios de clasificar entre  sinfones / l/ e / r/, entre  sílabas mixtas e entre sinfóns e  sílabas mixtas.
- Quebracabezas que conteñen imaxes con  sinfóns e  sílabas mixtas.
- Xogos de memoria.
- Identificación de  sinfóns e sílabas mixtas.
- Crucigramas con definicións e imaxes para adiviñar a palabra.
- Localización de palabras escritas erroneamente en textos e posterior corrección.
- Completar oracións coas palabras máis axeitadas.
- Escritura de palabras a partir de imaxes.



Virginia Aragón Gimenez (Autora)
Sergio Palao (Pictogramas)

Guía para a revisión de textos escritos

Documento sinxelo e moi visual,  no que se pautan os aspectos para revisar á hora de redactar, revisar e presentar un texto (ortografía, maiúsculas, redacción, puntuación,...). Está destinado para o alumnado de final da Etapa de Primaria que se está preparando para iniciar a Etapa de Secundaria o vindeiro curso.



Actividades de comprensión lectora

Compártovos agora a versión máis sinxela deste modelo de actividades, dirixido a primeiro de primaria ou como ferramenta para traballar con alumnos e alumnas con dificultades de comprensión lectora. Neste caso o/a alumno/a pode apoiarse na imaxe para atopar de forma máis sinxela a correcta organización das palabras para compoñer a frase con sentido.



Como vimos noutras ocasións, as  inferencias son un dos recursos que máis utilizamos neste blogue para traballar a comprensión lectora. Normalmente utilizamos frases para traballar as  inferencias; nesta ocasión, complicamos algo a tarefa e imos utilizar textos curtos. A partir da información comprendida nestes textos os alumnos deben pescudar a que fai referencia e responder á pregunta que se expón.

Preme para descargar fichas de inferencias

mércores, 3 de xuño de 2020

TDAH - Actividades de mellora


Actividades para a mellora da atención e o rendemento nas actividades instrumentais. Cursos superiores de Educación Primaria.


Preme para xogar




Historia social - Evitar o contaxio por Coronavirus ao chegar a casa

Historia social adaptada con  pictogramas para anticipar todo o que debemos facer para evitar o contaxio por Coronavirus.
Moito ollo!! Non é pasado, aínda é presente.





martes, 2 de xuño de 2020

O monstro comesílabas

Compártovos outra actividade para traballar a  dislexia en formato interactivo.
O monstro comesílabas - O obxectivo do xogo é reforzar a conciencia  silábica en  sílaba inicial, intermedia e final. 

Preme para xogar ó monstro


Actividades de comprensión lectora

A seguinte actividade está pensada para traballar a comprensión lectora a partir da tarefa de completar frases. Nas seguintes frases falta un pronome ou  adverbio  interrogativo, o obxectivo é elixir cal das tres opcións posibles é a correcta e escribila na oración.



Novamente traballamos a comprensión lectora a partir de  inferencias, é dicir, a partir de información que non vén explícita no texto; pero nesta ocasión, introducimos un novo elemento: pistas visuais. É dicir, o obxectivo da seguinte tarefa é que os nenos e as nenas sexan capaces de relacionar a partir a información que achega cada frase co debuxo correspondente. Estas pistas visuais axudan á tarefa de inferir e por tanto mellorar a lectura comprensiva.