O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 2 de xuño de 2020

O monstro comesílabas

Compártovos outra actividade para traballar a  dislexia en formato interactivo.
O monstro comesílabas - O obxectivo do xogo é reforzar a conciencia  silábica en  sílaba inicial, intermedia e final. 

Preme para xogar ó monstro


Actividades de comprensión lectora

A seguinte actividade está pensada para traballar a comprensión lectora a partir da tarefa de completar frases. Nas seguintes frases falta un pronome ou  adverbio  interrogativo, o obxectivo é elixir cal das tres opcións posibles é a correcta e escribila na oración.



Novamente traballamos a comprensión lectora a partir de  inferencias, é dicir, a partir de información que non vén explícita no texto; pero nesta ocasión, introducimos un novo elemento: pistas visuais. É dicir, o obxectivo da seguinte tarefa é que os nenos e as nenas sexan capaces de relacionar a partir a información que achega cada frase co debuxo correspondente. Estas pistas visuais axudan á tarefa de inferir e por tanto mellorar a lectura comprensiva.





Escoita, fala e completa palabras

O obxectivo desta tarefa interactiva é traballar as habilidades metafonológicas, as cales permiten tomar conciencia de que a linguaxe oral está formada por cadeas de segmentos que configuran as palabras, as  sílabas e os  fonos. Esta conciencia, indispensable para abordar a linguaxe escrita. 

Na tarefa o/a alumno/a debe escoitar a palabra, logo unir as letras para formar esa palabra e por último pronunciar correctamente esa palabra. É necesario utilizar un explorador que che permita a opción de gravar, funciona perfectamente con  chrome. Ao pronunciar a palabra o micrófono  parpadeará durante uns segundos e despois aparecerá a palabra que pronunciaches xusto encima do micrófono.  Unha opción  interesantísima para traballar a pronuncia correcta de fonemas. 

Clica aquí




luns, 1 de xuño de 2020

O Verán - Cadernos didácticos

Cadernos didácticos e fichas relacionadas sobre o verán para traballar a linguaxe a partir de distintos contidos e actividades: identificación, habilidades  metalingüísticas, denominación, relacións  semánticas, razoamento verbal, identificación de emocións e  lectoescritura.








Conciencia fonolóxica

Material para traballar a conciencia  fonémica identificando a vogal inicial en diferentes actividades (material Arasaac)



Material para traballar a conciencia  fonológica mediante a identificación de palabras que conteñen os fonemas  B-T-D,  LL-Ñ  e  S-C-Z. (material Arasaac)

Ligazóns:




sábado, 30 de maio de 2020

Xogos de secuencias, lateralidade e outros.

Secuencias:
Tres paquetes de actividades dirixidos a educación infantil e ao ciclo inicial de primaria. Realízanse series de tres, catro e cinco imaxes nas que se presentan unha secuencia de sucesos ou accións que hai que poñer en orde.


Lateralidade:
Actividades para nenos e nenas de educación infantil, que ten como obxectivo situar os obxectos ou figuras (arriba ou abaixo), e recoñecer as direccións das frechas tanto esquerda como dereita,  coloreando ademais as mesmas a través de xogos de identificación, crebacabezas e asociación.

Preme aquí para xogar á lateralidade

Outros xogos  clic de conceptos básicos de tempo, espazo e cantidade ou comparación. Está dirixido a alumnos/ as de 3, 4 e 5 anos e opcionalmente a educación especial. Creado a base de imaxes fotográficas e soporte sonoro que fan as actividades moi atractivas. A aplicación ten como obxectivo fixar os conceptos básicos que se traballan e iniciarse na  lectoescritura de palabras mediante o son. Tamén pretende que os nenos e as nenas relacionen as imaxes co son.

Preme para acceder a xogos de tempo e espazo...


venres, 29 de maio de 2020

Actividade de visopercepción

Hai nenos e nenas que teñen dificultades de percepción visual ( relacionado coa lecto-escritura) e necesitamos traballar moito este aspecto con eles. Adestrando con actividades adecuadas, podemos axudar ao alumno e a alumna para mellorala.
Esta actividade é para traballar sobre papel facendo uso de  geoplano , é ideal que o /a alumno/a cre os modelos no seu propio  geoplano de forma  manipulativa.
Ao realizar as actividades propostas o alumnado está a desenvolver habilidades de:
  • Coordinación  motriz fina.
  • Viso-percepción de formas
  • Percepción de posicións relativas
  • Construción de estratexias: ensaio e erro.

As actividades están presentadas con progresión de dificultade crecente.





Segmentación de sílabas en frases

A seguinte actividade está pensada para traballar a conciencia  silábica dentro dunha frase; a conciencia  silábica fai referencia á capacidade que ten o/a neno/a para entender que unha palabra pódese dividir en unidades máis pequenas chamadas  sílabas. Este tipo de exercicios adoitan resultar especialmente útiles para traballar con alumnos que presenten ou poidan presentar problemas  lectoescritores. No seguinte exercicio hai unha serie de frases  segmentadas en  sílabas, o obxectivo é que o neno sexa capaz de escribir correctamente a frase.



Morfosintaxe

Material para traballar a morfosintaxe creando frases divertidas coas tiradas do dado. 
A actividade parte dun taboleiro inicial de dobre entrada, no que temos as diferentes caras do dado e os números do 1 ao 6, que se corresponden coa orde que ocuparán os  pictogramas na frase. 
Na segunda folla, iremos montando a frase cos  pictogramas (páxina final) no caso de que non estea adquirida a  lectoescritura. 
No caso de que estea adquirida, escribiremos no recadro correspondente.
Finalmente, montaremos a frase con  pictogramas ou a escribiremos de forma coherente.



xoves, 28 de maio de 2020

Xogo do Lince - O/A detective dos fonemas, sílabas e palabras

Material baseado no xogo de mesa "O lince" co que se pretende traballar a conciencia léxica e  silábica, traballando a segmentación de palabras e frases en  sílabas e palabras respectivamente, así como a conciencia  fonolóxica 
O xogo contén instrucións coa explicación do contido e de como se xoga.