O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 29 de maio de 2020

Actividade de visopercepción

Hai nenos e nenas que teñen dificultades de percepción visual ( relacionado coa lecto-escritura) e necesitamos traballar moito este aspecto con eles. Adestrando con actividades adecuadas, podemos axudar ao alumno e a alumna para mellorala.
Esta actividade é para traballar sobre papel facendo uso de  geoplano , é ideal que o /a alumno/a cre os modelos no seu propio  geoplano de forma  manipulativa.
Ao realizar as actividades propostas o alumnado está a desenvolver habilidades de:
  • Coordinación  motriz fina.
  • Viso-percepción de formas
  • Percepción de posicións relativas
  • Construción de estratexias: ensaio e erro.

As actividades están presentadas con progresión de dificultade crecente.





Segmentación de sílabas en frases

A seguinte actividade está pensada para traballar a conciencia  silábica dentro dunha frase; a conciencia  silábica fai referencia á capacidade que ten o/a neno/a para entender que unha palabra pódese dividir en unidades máis pequenas chamadas  sílabas. Este tipo de exercicios adoitan resultar especialmente útiles para traballar con alumnos que presenten ou poidan presentar problemas  lectoescritores. No seguinte exercicio hai unha serie de frases  segmentadas en  sílabas, o obxectivo é que o neno sexa capaz de escribir correctamente a frase.



Morfosintaxe

Material para traballar a morfosintaxe creando frases divertidas coas tiradas do dado. 
A actividade parte dun taboleiro inicial de dobre entrada, no que temos as diferentes caras do dado e os números do 1 ao 6, que se corresponden coa orde que ocuparán os  pictogramas na frase. 
Na segunda folla, iremos montando a frase cos  pictogramas (páxina final) no caso de que non estea adquirida a  lectoescritura. 
No caso de que estea adquirida, escribiremos no recadro correspondente.
Finalmente, montaremos a frase con  pictogramas ou a escribiremos de forma coherente.



xoves, 28 de maio de 2020

Xogo do Lince - O/A detective dos fonemas, sílabas e palabras

Material baseado no xogo de mesa "O lince" co que se pretende traballar a conciencia léxica e  silábica, traballando a segmentación de palabras e frases en  sílabas e palabras respectivamente, así como a conciencia  fonolóxica 
O xogo contén instrucións coa explicación do contido e de como se xoga.



Textos curtos para traballar a comprensión lectora

Adxunto unha nova serie de fichas para traballar a comprensión lectora. En cada unha delas incluense dous reloxos, un para indicar o tempo de inicio e outro para indicar o tempo de finalización da tarefa. A idea destas fichas é facer un traballo de reflexión por parte do/a alumno/a do tempo empregado en realizar na tarefa. 
Para primeiros cursos de Educación Primaria.



mércores, 27 de maio de 2020

Xogo de actividades lúdico-educativas

Como sei que estades a traballar moito (díxomo un paxariño), hoxe deixovos esta ligazón dun xogo con moitas actividades lúdicas para aprender xogando.



Principio alfabético - Conciencia fonémica - Ordenar sílabas

Material impreso para traballar a conciencia  silábica e o principio alfabético (asociación fonema-grafema). A actividade consiste en ordenar  sílabas para formas palabras e transcribilas á súa correspondente grafía.

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.1

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.2

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.3

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.1

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.2

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.3




martes, 26 de maio de 2020

Parchís ortográfico

Xogo interactivo para repasar reglas ortográficas. Ideal para diferentes niveis de Educación Primaria.

Ligazón aquí  





Linguaxe oral e escrita

Que necesito...? Traballamos a funcionalidade da linguaxe oral.
Contidos a traballar: - Categorías léxicas. - Morfosintaxe. - Organización e estruturación sintáctica. - Linguaxe expresiva e comprensiva. - Habilidades conversacionais.
Preme aquí para descargar
Traballamos a conciencia fonolóxica.
Contidos a traballar nesta actividade:- Conciencia fonolóxica: (conciencia fonémica, silábica e léxica).- Vocabulario (campos semánticos).- Expresión e comprensión oral e escrita.- Morfosintaxe. - Uso da linguaje oral.
Preme aquí para ver material de conciencia fonolóxica


Discriminación auditiva

Imos traballar a discriminación auditiva como parte necesaria para a estimulación da linguaxe.  Material elaborado por Eugenia Romero e dipoñible no blogue dos Mestres de Audición e Linguaxe.