O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 29 de abril de 2020

Máis materiais adicados ao coronavirus

Sabemos que para o alumnado con necesidades educativas especiais relacionadas con trastorno do espectro do autismo, déficit de atención, etc... as mensaxes acompañadas de referencias visuais, facilitan a súa comprensión, execución, entendemento e memoria viual.
Portais como  Arasaac, entre outros, ofrécennos un material moi gráfico e de indubidable valor.
Adxunto diferentes ligazóns dedicadas a este apartado, así como outro dedicado a diferentes contos baseados no  Covid.






Caderno vocabulario básico

Déixovos este novo material, Caderno, "ROUPA E COMPLEMENTOS". Ideal para traballar o vocabulario básico relacionado coa roupa. Contidos a traballar: Conciencia  fonológica, vocabulario básico e estruturación e construción  sintáctica.




Conciencia silábica e fonolóxica

Material para traballar a conciencia  silábica adiviñando a palabra que rima coa palabra que se propón.

Conciencia Silábica


Colección de Xogos da Oca para traballar a conciencia  fonológica de distintos fonemas de forma lúdica e divertida.
Pódese descargar e imprimir en tamaño A3 ou A4

Conciencia fonolóxica


martes, 28 de abril de 2020

Entoación, ritmo, pausas... Imos practicar!

Neste apartado imos practicar aspectos da linguaxe oral moi importantes: a entoación, as pausas, o ritmo... Todos eles necesarios para unha correcta produción de palabras na emisión dos nosos discursos.
E tan sinxelo como facer lectura en voz alta todos os días. Tamén podedes facer diferentes dramatizacións, facendo xogos nos que interpretaredes a diferentes persoaxes, etc...
A continuación achégovos unha serie de actividades para que  reforceis a vosa capacidade oratoria:





Para xogar en familia

Achégovos un divertido xogo para que o fagades en familia. A ver quen sabe máis!!

Xa me contaredes.

Adaptación do Xogo "Arriba o lapis" no que dada unha determinada letra, téñense que pensar nun tempo determinado o maior número de palabras relacionadas con distintos temas: nomes, animais, comidas, obxectos, cores,... Cada palabra que sexa correcta sumará un punto e gañará o que ao final some máis. 




luns, 27 de abril de 2020

Imos entrenar as praxias (MOL-NV), o sopro e a discriminación auditiva

Hoxe vouvos a propoñer unha serie de actividades lúdicas para traballar as   bases funcionais da articulación: audición, habilidades motoras dos órganos  articulatorios e sopro.
Deste xeito, se facedes un par de sesións semanais de dez minutos, é máis que suficiente, para  estimular os movementos da nosa lingua, beizos, padal... así como un axeitado sopro, que é moi importante para que as nosas palabras sexan fortes e entendibles.
Cos exercicios de discriminación  auditiva imos a traballar a nosa percepción, por que xa sabedes: para falar ben, temos que oír moi ben tamén.
Deixovos diferentes vídeos e enlaces: 

Praxias








Actividades de sopro

Actividades para soprar

Exercicios de sopro

Discriminación  auditiva

Animais

Memoria auditiva

Vídeos discriminación auditiva



sábado, 25 de abril de 2020

Guía de boas prácticas saídas nenos/as


Guía boas prácticas


Chega o día 26!!

Bo día rapaces e rapazas!!

Nunhas horas poderedes saír cada día a pesear unha horiña con varios membros das vosas familias. Despois de cuarenta e dous días de confinamento coido que o tedes ben merecido. Noraboa polo voso increíble comportamento e por darnos unha lección de solidaridade impresionante.

Pero ollo, saímos á rúa, pero con moito xeito. Como nos indican as autoridades sanitarias, debemos seguir sendo moi, pero que moi responsables.

Adxúntovos unha serie de contos onde nos lembran o importate de facelo todo moi ben nestas saídas e así, semana a semana, poder ir recuperando a normalidade.

Disfrutade!!


O Oso Goloso



Saír á rúa con Coronavirus








xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro: Todos os días do ano

Hoxe día 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Nas nosas casas temos, seguramente, moitos libros, pero nestes intres de confinamento, non imos á escola, non están abertas as bibliotecas... pero temos a oportunidade de ter na nosa tablet, no móbil dos meus pais ou nais, irmáns.... a posibilidade de leer contos moi chulos e variados. 
Só tedes que descargar algúns como estes que vos poño, a modo de exemplo, a continuación. 
Disfrutade ca lectura!!!

Descarga contos infantís (máis de 100)





Tamén tedes na rede diferentes apps para descargar contos con temas moi variados e divertidos, como por exemplo:




martes, 21 de abril de 2020

Articulación

Nos centros escolares atopámonos con alumnos e alumnas con alteracións na fala: articulatorias  (TSH*, disglosias, disartrias); da voz (disfonías) e da fluidez (disfemias). Neste apartado quixera facer mención ás dificultades articulatorias, concretamente ás dislalias.
A intervención que facemos para correxir estas alteracións articulatorias xiran en dous ámbitos: unha intervención directa co alumnado e unha intervención cas familias, a través desa coordinación e colaboración necesaria no proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
A intervención directa será realizada por aqueles profesionais cunha preparación axeitada para tal fin.
Indicarei a continuación unha serie de recomendacións ás familias para o día a día nos fogares. Será a mellor colaboración que poderán aportar nesta situación de estancia nos domicilios: 
  • Aceptar as dificultades articulatorias como algo transitorio.
  • Non permitir unha linguaxe “bebe”infantilizada, nin estimular este xeito de expresarse ( "petete" por "chupete").
  • Crear situacións comunicativas que propicien o desenvolvemento comunicativo do/a neno/a (leer contos, contar historias...)
  • Clima afectivo no que se establezan múltiples interaccións comunicativas no fogar.
  • Estimular os/as nenos/as cara á comunicación oral, evitar que se comuniquen por xestos, sons non axeitados...
  • Propiciar xogos que estimulan a fala.
  • Reforzar os éxitos.
  • Evitar corrixir ó neno ou á nena, pero sí enriquecer as producións completando os enunciados e nomeando as palabras axeitadamente.
  • Ter paciencia. Non alterarse.
  • Nunca angustiar ó neno ou á nena, nin imitalo/a nas súas producións , nin permitir burlas.
  • ...


*Actualmente, o Trastorno dos Sons da Fala (TSH) é a alteración máis frecuente coa que nos podemos atopar nas nosas aulas.   Anteriormente, a este trastorno coñecíaselle como “Dislalia, Trastorno da articulación ou trastorno fonolóxico”. Podemos diferenciar segundo os síntomas do TSH  alteracións fonéticas, fonolóxicas ou ambas.