O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 12 de maio de 2025

Trastorno da Linguaxe

O trastorno da linguaxe pode afectar a capacidade dunha persoa para comunicarse de maneira efectiva. Algúns tipos inclúen:

1. Trastorno da linguaxe (TL).

2. Afasia (dificultade para comunicarse despois dunha lesión cerebral).

3. Trastorno do desenvolvemento da linguaxe (TDL).

4. Trastorno da comunicación social (TCS).

Os síntomas poden variar, pero poden incluír dificultades para:

- Entender e seguir instrucións

- Expresar pensamentos e sentimentos

- Manter conversacións

- Ler e escribir

Trastorno da Comunicación Social

O Trastorno da Comunicación Social (TCS) caracterízase por dificultades persistentes no uso da comunicación verbal e non verbal en contextos sociais. Algúns síntomas inclúen:

1. Dificultade para iniciar ou manter conversacións.

2. Problemas para entender e usar sinais sociais (xestos, expresións faciais).

3. Dificultade para adaptarse a diferentes contextos sociais.

4. Problemas para desenvolver e manter relacións sociais.

O TCS pode afectar significativamente a vida diaria e as relacións interpersoais.


Trastorno do densenvolvemento da Linguaxe (TDL)

O trastorno do desenvolvemento da linguaxe (TDL) refírese a dificultades significativas no desenvolvemento da linguaxe en nenos que non se explican por factores como a idade, o coeficiente intelectual ou problemas auditivos. Algúns síntomas inclúen:

1. Dificultade para entender e seguir instrucións.

2. Problemas para atopar palabras ou usar vocabulario limitado.

3. Erros gramaticais e sintácticos frecuentes.

4. Dificultade para manter conversacións ou narrar eventos.



Catalise, Bishop (2016, 2017) fala do Trastorno do desenvolvemento da linguaxe (TDL) : non asociado a condición médica. Considera un trastorno con ampla hetereogeneidad, propón eliminar clasificación de subtipos, e suxírese  indicar áreas afectadas, por exemplo: TDL con afectación en área comprensiva e/o expresiva.



Dificultades Específicas da Aprendizaxe

 Algunhas dificultades específicas da aprendizaxe e a comunicación inclúen:

1. Dislexia (dificultade para ler e escribir).

2. Discalculia (dificultade coas matemáticas).

3. TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade).

4. Autismo (dificultade para interactuar socialmente e comunicarse).

5. Tatexo ou disfemia (dificultade para falar con fluidez).

6. Dificultades auditivas ou visuais (problemas para escoitar ou ver).



Dificultades na comunicación

 As dificultades na comunicación poden xurdir por diversas razóns, como:

1. Barreiras lingüísticas.

2. Problemas de audición ou visión.

3. Trastornos da linguaxe ou fala.

4. Diferenzas culturais ou sociais.

5. Ansiedade ou estrés.

6. Problemas neurolóxicos ou cognitivos.

Estas dificultades poden afectar a capacidade para:

- Expresar pensamentos e sentimentos.

- Entender e procesar información.

- Manter conversacións efectivas.

- Establecer relacións interpersoais.



mércores, 30 de abril de 2025

Atraso da fala & Atraso da linguaxe

É moi importante entender a diferenza entre atraso da fala e atraso da linguaxe, xa que aínda que ambos afectan a comunicación, teñen características distintas. 

Explicarémolo de maneira sinxela:

Atraso da fala: Refírese a dificultades na produción de sons, palabras ou frases. É dicir, o neno ou a nena pode entender o que se lle di, pero cústalle expresar as súas ideas mediante palabras, ou a súa pronuncia non é clara. Por exemplo, pode ter problemas para dicir palabras correctamente ou tardar moito en empezar a falar.

Cando unha nena ou un neno se comunica pero ten problemas de articulación, significa que pode expresar as súas ideas, pero a súa pronuncia ou forma de articular os sons non é clara ou correcta. Isto pode deberse a diferentes causas, como dificultades na coordinación motora oral, problemas auditivos, ou simplemente un atraso no desenvolvemento do fala. A intervención temperá pode axudar moito a mellorar a articulación e a claridade do fala, facilitando unha mellor comunicación e confianza no neno ou na nena.

Atraso da linguaxe: É un pouco máis amplo e abarca non só a produción de palabras, senón tamén a comprensión e o uso da linguaxe en xeral. O alumnado con atraso da linguaxe pode ter dificultades para entender instrucións, formar oracións completas, usar o vocabulario adecuado ou seguir o ritmo do fala na súa contorna. É dicir, pode ter problemas tanto para entender como para expresarse. 

Características:

1. Atraso na adquisición de palabras: Empeza a falar máis tarde do esperado e ten un vocabulario limitado para a súa idade.

2. Dificultade para formar oracións completas: Pode usar frases curtas ou palabras soltas en lugar de oracións máis elaboradas.

3. Problemas para entender instrucións: Ten dificultades para comprender o que se lle di, mesmo en instrucións simples.

4. Uso inadecuado de palabras: Pode usar palabras de maneira incorrecta ou non usar palabras en absoluto para expresar as súas ideas.

5. Dificultade na comunicación social: Pode mostrar pouca interese en interactuar con outros/as nenos/as ou adultos/as, ou ter dificultades para manter unha conversación.

6. Atraso na adquisición de habilidades sociais relacionadas coa linguaxe: Como responder o seu nome, sinalar obxectos ou pedir axuda.

7. Problemas coa pronuncia: Aínda que isto tamén pode estar relacionado con atraso na fala, no atraso da linguaxe pode haber dificultades na estrutura e uso correcto da linguaxe, non só na pronunciación.

En resumo, o atraso da fala céntrase na dificultade para producir sons e palabras, mentres que o atraso da linguaxe afecta tanto a comprensión como a expresión da linguaxe nun nivel máis global.

venres, 11 de abril de 2025

Conciencia fonolóxica

A conciencia fonolóxica é fundamental para o desenvolvemento da linguaxe, a escritura e a ortografía.

A conciencia fonolóxica é esencial para o desenvolvemento infantil en linguaxe, escritura e ortografía, e o seu ensino temperán e avaliación oportuna son cruciais para o éxito ao longo da vida, en tal sentido, recoméndase incorporar enfoques pedagóxicos innovadores. 

Concluímos que a conciencia fonolóxica inflúe no éxito da lectura, con patróns fonéticos, discriminación auditiva e manipulación de fonemas como aspectos clave.

A continuación presentamos algunhas actividades elaboradas para tal fin.

luns, 24 de febreiro de 2025

Nuñación

Falamos de Rinoartria aos problemas de pronuncia dos fonemas nasais /m/, /n/ e /ñ/.

Nesta ocasión ímos adicarlle atención á ñuñación que é a non articulación do fonema /ñ/.

Achegamos diferentes actividades para traballar o punto de articulación coa referencia visual dos articulemas,  así como uns exemplos de actividades en linguaxe repetida e dirixida.