O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
martes, 8 de outubro de 2024
xoves, 26 de setembro de 2024
DEA (Dificultades Específicas de Aprendizaxe )
Empregaremos o termo DEA para referirnos tanto aos Atrasos da lecto-escritura como aos Trastornos Específicos da aprendizaxe (DSM-5). Estas dúas acepcións constitúen unha categoría diagnóstica caracterizada por presentar dificultades na lectura e/ou, escritura e/ou cálculo con maior ou menor severidade. É un trastorno do neurodesenvolvemento que se caracteriza por unha lectura de palabras inexacta, lentitude, déficit en decodificación, escasa fluidez e faltas ortografía que mantido en o tempo e xunto coa experiencia de fracaso e esforzo continuado, poden desenvolver problemas emocionais secundarios ás DEA que afectarían o seu desenvolvemento.
As DEA non son consecuencia de baixa capacidade. Hai alumnos e alumnas que requiren unha atención educativa diferente á ordinaria para que poidan alcanzar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades.
Poden darse ao longo ao longo da vida, aínda que normalmente preséntanse antes da adolescencia.
As dificultades Específicas de Aprendizaxe máis comúns na aula relacionadas coa comunicación e a linguaxe son:
- Lectura:
Os problemas que se derivan desta área caracterízanse por dificultades en decodificar as palabras escritas, recoñecer as palabras comúns a primeira ollada e ler con fluidez. A dificultade máis común é a dislexia, unha alteración da capacidade de ler pola que se confunden ou se altera a orde de letras, sílabas ou palabras
- Escritura:
Deficiencias nas habilidades da escritura que provocan dificultades na comprensión da gramática e a puntuación, a ortografía, a organización de parágrafos ou a composición dos textos.
Unha das máis frecuentes na aula é a disgrafía, unha dificultade de coordinación dos músculos de motricidade fina (man, antebrazo). Polo que o trastorno da disgrafía impide ao alumnado afectado dominar e dirixir o instrumento de escritura da forma adecuada para escribir de forma lexible e ordenada.
Hai que ter en conta que o alumnado con disgrafía poderían ter dificultades coa ortografía, o deletreo e a escritura a man.
Desde o punto de vista do procesamento cognitivo:
- Atención:
Dificultade para diferenciar a información relevante, prestar atención ou manterse concentrado nun mesma tarefa un tempo determinado
- Motoras:
A dispraxia é unha das dificultades de aprendizaxe máis frecuentes e menos diagnosticadas. Este trastorno caracterízase por unha baixa organización do movemento. Isto provoca que os/as nenos/as que o sofren teñan que esforzarse moito coas tarefas vinculadas ao movemento.
- Organización:
A organización do espazo e a administración do tempo tamén é un aspecto que debe terse en conta.
A máis común é a dificultade do funcionamento executivo, que consiste en deficiencias nunha serie de habilidades mentais como planificar, organizar, priorizar, memorizar…
Estas dificultades, polo xeral, aparecen en nenos e nenas que teñen TDAH ou dislexia.
Hai que ter en conta que cada neno/a é un mundo. De aí a importancia de coñecerlles e identificar as súas dificultades.
Fonte: Ana De Miguel Reinoso
Traballamos a expresión oral
Coa seguinte actividade traballeremos:
- Expresión oral.
- Atención.
- Estrutura gramatical.
- Vocabulario.
Fonte: tinytap.com
venres, 13 de setembro de 2024
Xogos para traballar a dislexia
Educaenvivo.com ofrécenos unha recopilación de xogos interactivos para traballar a dislexia co alumnado de educación primaria.
martes, 10 de setembro de 2024
Comezamos!!!
Finalizou o verán.
Despois dunhas semanas de vacacións, toca volver ao colexio para iniciar este novo curso 2024-25. Durante nove meses estaremos xuntos de novo neste percorrido educativo.
Neste blog seguiremos cargando recursos para o traballo diario dentro e fóra das aulas.
Comezamos! Feliz inicio de curso.
sábado, 22 de xuño de 2024
mércores, 29 de maio de 2024
Rotacismo ou dificultade para pronunciar a R
A adquisición do código fonético nos nenos e nenas é un proceso de aprendizaxe que se dá a medida que crecen. É moi común, que @s nen@s durante este proceso atopen dificultades á hora de aprender a pronunciar o fonema 'r'. Este trastorno na pronuncia adoita ser pasaxeiro, pero é importante que reciban a axuda necesaria para corrixilo.
Existen diferentes motivos polos que @ nen@ pode ter dificultades para producir este son.
Algúns deles son os seguintes:
- O punto de articulación: non coloca a lingua onde hai que facelo para producir o son /r/, e non sopra como cómpre.
- Fenda no padal
- Déficit auditivo. Iso impídelle diferenciar este fonema doutros similares.
- Dificultade na discriminación auditiva do fonema por outros motivos.
- Frenillo lingual longo ou curto
martes, 21 de maio de 2024
Trabadas
Os TSH (Trastornos dos Sons do Fala) son as dificultades que máis adoitamos atopar nas nosas aulas de audición e linguaxe. As trabadas líquidas e róticas, xunto ao fonema rótico percusivo /r/ son en ocasións os máis complicados de traballar co noso alumnado.
As sílabas trabadas adoitan ser difíciles de pronunciar no noso alumnado.
Atopamos trece combinacións posibles: bl,br,cl,cr,dr,fl,fr,gl,gr,pl,pr,tr,tl. Son sílabas difíciles de aprender para os alumnos e alumnas, xa que dan lugar a “ trabarse “ ao falar.
Normalmente custa menos articular os sinfones con “l”, teñen menos dificultade que os que conteñen a “r”.
Á hora de comezar a traballar as trabadas debemos asegurarnos que os nenos e nenas non presentan dificultade en pronunciar as sílabas por separado, é dicir, si empezamos a traballar polo sifón “pra” primeiro debemos observar se a pronuncia da “p” e a “r” por separado é correcta..
Importante:
- Realizaremos actividades de lectoescritura e modelado. Podemos elixir un bloque de sílabas e presentarllas. Primeiro debemos ser nós quen leamos de forma correcta e animemos ao alumnado a repetir o que estiveron escoitando.
- Facelo lentamente, para que o neno ou a nena poida copiar ben todos os movementos da boca e demais órganos fonatorios.
É un proceso lento pero con constancia, paciencia e tempo acabará pronunciando correctamente sen darse conta.
Existen xogos de palabras, cancións, quebracabezas de sílabas … Todos eles axudan na adquisición das sílabas trabadas.
Guía elaborada por Paloma Gutiérrez. Logopeda especialista en trastornos da linguaxe e a comunicación. Investigadora activa e autora do Método Logo-Bits
mércores, 15 de maio de 2024
O xogo de Simón
O xogo de Simón é un excelente xogo de memoria para adestrar e exercitar a súa memoria. Unha práctica regular, permite mellorar a túa memoria mentres que divertirse. É un excelente e famoso xogo de memoria. A serie de teclas iluminadas xérase aleatoriamente, por iso o xogo é infinito e podes xogar tantas veces como queiras.
mércores, 17 de abril de 2024
Recursos TDL (Trastorno do desenvolvemento da Linguaxe)
Deixo aquí unha serie de enlaces relacionados coa atención ao alumnado TDL:
http://creecyl.centros.educa.jcyl.es/sitio/upload/Recursos_TEL.pdf
https://www.ttmib.org/documentos/Guia_TEL.pdf
https://www.educapeques.com/escuela-de-padres/actividades-ninos-con-tel.html
https://thebigbagteacher.com/wp-content/uploads/2015/07/tel-aspectos-y-actividades-a-trabajar.pdf
https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/8652019.pdf
http://dialnet-intervencionsobrelaconcienciafonologicaensujetosco-3712007.pdf/
https://solotel.files.wordpress.com/2013/11/programa-de-intervencion-en-tel.pdf
https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/aplicaciones-trastorno-especifico-lenguaje/
https://www.lecturafacil.net/es/info/1-que-es-la-lectura-facil-lf/
https://equipotecnicoorientaciongranada.files.wordpress.com/2019/05/como-adaptar-los-examenes.pdf
https://www.pictoaplicaciones.com/2019/02/25/recomendaciones-para-docentes-con-alumnos-con-tel/
https://www.plenainclusion.org/discapacidad-intelectual/recurso/lectura-facil/
http://www.crmfalbacete.org/recursosbajocoste/facillectura/indice_ini.htm










