O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 5 de marzo de 2024

TDL vs Dislexia

Que é a Dislexia?

A dislexia afecta principalmente a aprendizaxe da lectura. Os alumnos e alumnas con dislexia adoitan ter dificultade para ler con fluidez e sen cometer erros. Ademais, tamén poden ter outras dificultades na compresión lectora, a ortografía e a escritura. Con todo, estas dificultades non están relacionadas coa intelixencia do menor. 

 

Que é o Trastorno do Desenvolvemento da Linguaxe (TDL)?

O Trastorno do Desenvolvemto da Linguaxe, é un trastorno 
non asociado a condición médica. Considerao Catalise, Bishop (2016, 2017) un trastorno con ampla hetereoxeneidade, e propón eliminar clasificación de subtipos, e suxírese indicar áreas afectadas: por exemplo: TDL con afectación en área comprensiva e/o expresiva.


Cales son as principais diferenzas entre a dislexia e o TDL? 
 
No referente ás diferenzas entre ambos os trastornos, destacamos dous aspectos fundamentais: 
  1. Déficit fonológico vs déficit multidimensional da linguaxe Os/as menores con dislexia presentan un déficit fonolóxico que afecta principalmente á capacidade para manipular os sons, afectando así á súa capacidade para adquirir o principio alfabético, ademais de presentar dificultade para almacenar e evocar palabras. É por iso que poden presentar un rendemento baixo en tarefas de conciencia fonética e na repetición de palabras. Pola súa banda, os/as menores con trastorno específico da linguaxe poden ver afectadas diferentes dimensións da linguaxe, e mesmo da fonoloxía. É dicir, poden presentar dificultades no coñecemento semántico, a morfoloxía, a sintaxe ou o uso da linguaxe. 
  2. Adquisición e aprendizaxe.Outra das principais diferenzas entre ambos trastornos é a súa forma de adquisición. Mentres a linguaxe na súa forma oral adquírese de forma natural, aprender a ler non é natural e é necesario un ensino.


 Fonte: https://educainclusion.com/

Enlaces de Interese: 

 https://blog.mentelex.com/dislexia-trastorno-del-lenguaje/

 https://www.orientacionandujar.es/2023/01/19/infografia-diferencia-entre-dislexia-trastorno-del-desarrollo-del-lenguaje/

https://www.elpupitredepilu.com/2016/04/11/actividades-para-trabajar-con-ninos-con-trastorno-especifico-del-lenguaje-t-e-l/

https://delaevidenciaalaula.wordpress.com/2019/07/27/dislexia-y-tel-cual-es-la-relacion-entre-ambos/

 

 

 

xoves, 29 de febreiro de 2024

Trastorno Específico da Aprendizaxe

Como xa dixemos noutras ocasións a dislexia é un trastorno específico e persistente da aprendizaxe que se caracteriza por dificultades na adquisición da linguaxe escrita, principalmente na exactitude e fluidez lectora e escritora.

 

mércores, 28 de febreiro de 2024

Trabadas

 

 

A pronuncia das sílabas trabadas adoitan presentar dificultades nos nenos; esta dificultade acentúase aínda máis no caso dos alumnos que presenten ou poidan presentar problemas lectoescritores.

Fonte e enlace: aulapt.org

 

luns, 19 de febreiro de 2024

A estimulación cognitiva

A estimulación cognitiva podemos realizala a través de distintos xogos, exercicios ou prácticas cotiás, por exemplo:

  •     A lectura
  •     Realizar actividades motoras
  •     Facer exercicio
  •     Estimular a memoria
  •     Estimular a atención
  •     Contar historias e contos 

Neste apartado quixera destacar: 

1.- A atención é un dos procesos cognitivos básicos que nos permite acceder ao coñecemento, procesar información e realizar calquera actividade. Hai distintos tipos de atención pero o importante é que a mesma pode estimularse ou ben, exercitarse.

 

 2.- A memoria pola súa banda, é a capacidade cognitiva de procesar, almacenar e recuperar a información. É de capacidade limitada e hai distintos tipo de memoria como ser a Memoria Sensorial, Memoria a curto prazo e a Memoria a longo prazo.

xoves, 18 de xaneiro de 2024

Xogos para a estimulación da linguaxe oral.

A comunicación é unha actividade imprescindible para todos os seres humanos e a súa importancia nótase xa desde as primeiras etapas da nosa vida. Unha estimulación da linguaxe adecuada permite potenciar o desenvolvemento de todas as habilidades durante a infancia temperá. Tamén axuda no desenvolvemento intelectual, contribuíndo ao mesmo tempo ao desenvolvemento cognitivo e unha adecuada expresión de emocións, ideas e sentimentos.

martes, 19 de decembro de 2023

Altas Capacidades na escola

Distínguense tres tipos de aptitude excepcional: a precocidade, a superdotación e o talento. Cada un destes tres compoñentes responden a unha realidade diferente.

PRECOCIDADE INTELECTUAL 

O alumnado intelectualmente precoz é aquel que se desenvolve a un ritmo máis rápido que o resto dos seus compañeiros e compañeiras, e que actúa os seus recursos mentais antes que eles. O que caracteriza a estes nenos e nenas  aprenden a falar antes, interésanse polas letras e os números antes, e len e escriben antes… en definitiva, a súa evolución intelectual é máis veloz.

SUPERDOTACIÓN 

Enténdese a superdotación como un perfil complexo que se define ao redor de tres eixos e que, por tanto, non basta cunha única característica para determinala. A superdotación intelectual implica dispoñer dun gran potencial en todas as áreas que comprenden a intelixencia humana, acompañado dunha alta capacidade para as tarefas creativas e un pensamento capaz de combinar estes aspectos cun resultado innovador e diferente.

Os tres eixos da superdotación son: INTELIXENCIA, PERSONALIDADE E CREATIVIDADE.

TALENTO 

O termo talentoso é ambiguo en moitas ocasións e a súa diferenza coa superdotación non sempre quedou clara, de maneira que no marco das altas capacidades podemos distinguir o grupo de persoas con talento, e consideralas como un fenómeno diferente á superdotación. O talento mostra un elevado rendemento ou destreza nunha determinada área de coñecemento, habilidade ou conduta específica: é un especialista nunha área concreta do espectro intelectual.



Fonte: Sandra Tarragó, Susana Arroyo y Mercè Martorell (2006). La realidad de una diferencia: Los superdotados. Barcelona: Terapias Verdes.